Servando, san

Servando, san

(ss III-IV) Mártir. Leigo de Osuna, sufriu martirio con san Xermán en tempos de Diocleciano e morreu decapitado. Represéntase con traxe segrar ou de soldado romano, como soldado de Xesús Cristo, con cadeas suxeitas aos pés como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 28 de outubro.