"Sexismundo I" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1433-1437), rei de Hungría (Sexismundo I, 1387-1437), de Italia (1431-1437) e de Bohemia (Sexismundo, 1419-1437) e elector de Brandenburgo (1378-1388), fillo do Emperador Carlos IV. Casou (1386) coa Raíña María, filla de Luís I de Hungría. Dirixiu un exército europeo contra os turcos e foi derrotado (1396). Para dispoñer o Cisma de Occidente propugnou a celebración do Concilio de Constanza, en que participou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sexismundo I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sexismundo I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia e gran duque de Lituania (1506-1548), fillo menor de Casimiro IV de Polonia e sucesor do seu irmán Alexandre I de Polonia. Afrontou as acometidas dos rusos e dos tártaros polo L; as dos turcos, que pretendían Moldavia, polo S; e polo O, as do Sacro Imperio Romano-Xermánico, que finalizaron en 1515 cun dobre matrimonio, que lles asegurou aos Austrias a sucesión de Hungría e Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sexismundo III de Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Transilvania (1581-1596 e 1601-1602), fillo e sucesor, por elección, do príncipe Cristóforo I. En 1596, despois de ser recoñecido príncipe herdeiro de Transilvania (1594) polo emperador, cedeulle o principado, pero, arrepentido, volveu sacar adiante o trono axudado polos turcos, e cedeulle a coroa definitivamente ao emperador en 1602.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia e gran duque de Lituania (1548-1572), fillo e sucesor de Sexismundo I de Polonia. En 1561, ante os ataques moscovitas, os cabaleiros da orde dos Portaespadas cedéronlle Livonia e a soberanía nominal de Curlandia, rexións desexadas polos rusos e suecos. En 1569 Lituania e Polonia, ata o momento unidas por un soberano común, fundíronse nun só estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1587-1632) e de Suecia (Sexismundo I, 1592-1604), fillo de Xoán III de Suecia e Catarina Jagellón. A asemblea polonesa elixiuno rei en 1587 e, á morte do seu pai (1592), foi proclamado rei de Suecia. Gañador da Contrarreforma, intentou someter á Santa Sé os ortodoxos lituanos e poloneses e favoreceu os católicos suecos. Isto e a subordinación dos intereses de Suecia aos de Polonia descontentou á maioría dos suecos, que o desposuíron e esixiron o trono para o seu tío, Carlos IX de Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO