Sexismundo I de Polonia o Vello
Sexismundo I de Polonia o Vello
Rei de Polonia e gran duque de Lituania (1506-1548), fillo menor de Casimiro IV de Polonia e sucesor do seu irmán Alexandre I de Polonia. Afrontou as acometidas dos rusos e dos tártaros polo L; as dos turcos, que pretendían Moldavia, polo S; e polo O, as do Sacro Imperio Romano-Xermánico, que finalizaron en 1515 cun dobre matrimonio, que lles asegurou aos Austrias a sucesión de Hungría e Bohemia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kozienice -
Deceso
Lugar : Cracovia