"Sicilia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 41.
-
PERSOEIRO
Carmelita que, segundo a tradición, salvou a cidade de Mesina da fame ao facer entrar no porto tres navíos cargados de víveres. A súa festividade celébrase o 7 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Sevilla. Almirante e político, neto de Carlos IV. Home de ideas liberais e afiliado á francmasonería. O 31 de decembro de 1845 publicou un manifesto onde propoñía o seu matrimonio coa Raíña Isabel II. O goberno entregoulle o mando do buque Manzanares e enviouno a Galicia, onde apoiou o levantamento progresista de 1846. Foi desterrado de España o 20 de marzo de 1846 e marchou a Francia e a Inglaterra. Á caída de Isabel II, foi partidario de Espartero. Perdeu a vida nun duelo co conde de Montpensier.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla de Pedro II de Sicilia e Isabel de Corintia. Foi abadesa do convento das clarisas de Messina. Ocupada a cidade polos anxevinos, fixérona prisioneira en Nápoles. Despois de ser liberada, instalouse en Catalunya onde casou en 1364 co conde Joan I de Empuries, curmán de Pedro III o Cerimonioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos I de Nápoles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos II de Nápoles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conrado V Hohenstaufen.
-
PERSOEIRO
Raíña de Aragón (1276-1302) e Sicilia (1282-1302), filla de Manfredo de Sicilia e Beatriz de Savoia. Casou con Pedro III o Grande no 1262 e foron coroados reis de Aragón en 1276, trala morte de Xaime I. Despois das Vésperas Sicilianas, o seu marido reclamou o título de reis de Sicilia apoiándose nos seus dereitos e foron coroados en Palermo (1283), onde permaneceu como gobernadora reprimindo a sublevación de Gualterio de Castagirone. Loitou para acabar co enfrontamento dos seus fillos Xaime e Federico. Á morte de Pedro III (1285), mandou coroar como rei de Sicilia o infante Xaime e tomou os hábitos de clarisa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador grego. Escribiu unha Biblioteca Histórica, en corenta volumes que se ocupaba da historia universal desde as orixes ata a conquista das Galias. Consérvanse os volumes I-V e XI-XX, que se ocupan da historia de Exipto, Mesopotamia, a India, Escitia, Arabia e o norte de África, ademais de fragmentos da historia de Grecia e Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino formado pola unión dos reinos de Nápoles e Sicilia. Esta unión produciuse en 1442 baixo o reinado de Afonso V de Aragón e disgregouse á súa morte (1458). Tralo Congreso de Viena (1815), volveuse unir baixo o reinado de Fernando I das Dúas Sicilias, da casa de Borbón, e perdurou ata a incorporación ao Reino de Italia en 1860.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1239-1249), fillo ilexítimo do Emperador Federico II Hohenstaufen. Enviado a Sardeña polo seu pai (1238), casou con Adelasia de Torres, raíña de dous dos catro reinos da illa (1239). Lugartenente dos exércitos do seu pai, conquistou Ferrara e venceu a flota dos güelfos en Montecristo (1241), onde capturou os bispos contrarios ao seu pai que se dirixían ao Concilio de Letrán. Trala sublevación de Italia, sufriu unha derrota en Fossalta fronte aos boloñeses (26.5.1249) e foi capturado. Permaneceu prisioneiro na corte de Boloña ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola poética que desenvolveu a súa actividade na corte de Federico II de Sicilia (1194-1250); este emperador, ademais de fundar a Universidade de Nápoles (1224), fixo da súa corte un dos centros culturais máis importantes da Idade Media, berce dunha escola poética que tivo o seu momento máis destacado entre os anos 1240 e 1250. A lingua na que se expresaban os poetas desta escola era o siciliano ilustre, koiné empregada con independencia da procedencia dos autores); sen embargo, a maior parte dos textos ofrece, a causa da intervención dos copistas, unha forma lingüística fortemente toscanizada (a canción “Pir meu cori alligrari” de Stefano Protonotaro é a única que se conserva integramente en siciliano). Case todas as composicións sicilianas se transmitiron en manuscritos toscanos, copiados a finais do s XIII: Canzoniere Laurenziano Rediano 9 (L), con 144 folios repartidos en 18 cadernos e confeccionado en Pisa (nun segundo momento un copista florentino engadiu textos nos espacios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federico II.
-
PERSOEIRO
Rei de Sicilia (1296-1337), fillo de Pedro III de Aragón. Lugartenente xeral da illa trala morte do seu pai (1285), foi proclamado rei polos sicilianos en 1296. A súa oposición ao papado e a Carlos II de Anjou enfrontouno ao seu irmán Xaime II de Aragón, que o venceu na Batalla de Cabo Orlando. Asinada a Paz de Caltabellotta (1302), continuou como rei vitalicio e mantivo a independencia e a integridade do seu reino. Financiou varias expedicións de almogávares nas que se conquistaron os ducados de Atenas e Neopatria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sicilia e duque de Atenas (1355-1377), fillo de Pedro II de Sicilia. Defendeu o reino das pretensións dos monarcas napolitanos, que desembarcaron en Messina (1356), e da súa irmá, Leonor de Aragón, para o que se aliou con Xoana I de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (Fernando IV; 1759-1806 e 1815-1816) de Sicilia (Fernando III; 1759-1816) e das Dúas Sicilias (1816-1825), fillo de Carlos VII de Nápoles. Recibiu os reinos de Nápoles e Sicilia cando o seu pai foi nomeado en 1759 rei de España (Carlos III). Formou parte da coalición contra Francia (1793) e o reino foi invadido polas tropas napoleónicas (1799), que fundaron a República Partenopea. Mediante a axuda dos británicos conseguiu reinar novamente e declaroulle a guerra a Francia. Perdeu o reino ante Napoleón (1806) e recuperouno en 1815. Reuniu os seus estados baixo o nome de Reino das Dúas Sicilias en 1816. A raíz da revolución de 1820, concedeu unha Constitución, que derrogou ao ano seguinte trala intervención da Santa Alianza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando I de Aragón.
-
PERSOEIRO
Rei das Dúas Sicilias (1830-1859), fillo e sucesor de Francisco I. O movemento revolucionario de 1848 obrigouno a conceder unha constitución, pero as divisións dos liberais permitíronlle non aplicala e levar a cabo unha forte represión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando II de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando I das Dúas Sicilias.
-
PERSOEIRO
Rei das Dúas Sicilias (1825-1830) e duque de Calabria (1817-1825), fillo de Fernando I e de María Carolina de Austria. Nomeado rexente de Sicilia en 1812, dotou á illa dunha constitución de carácter liberal na que se outorgaba o poder lexislativo a unha Cámara de Notables e a unha Cámara de Comúns. En 1816 o seu pai aboliu a Constitución e retirouno do poder. Trala revolta dos carbonarios, volveu ao poder como vicario xeral en 1820 e restableceu a Constitución, que foi suprimida un ano máis tarde por causa da intervención austríaca. Volveu ser rei en 1825 e trala Revolta de Cliento (1827) deixou o goberno en mans dos seus ministros.
VER O DETALLE DO TERMO