"Silverio" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Juan Bautista Amorós.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na escolas de Artes de Vigo e Madrid e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. A partir de 1969 colaborou no taller de Xoán Piñeiro en Goián e entre 1976 e 1977 estudou cerámica, invitado polo Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos. En 1979 instalouse en Francia, onde abriu o seu taller en Bonneuil-sur-Marne e participou en numerosas exposicións no estranxeiro e en Galicia, onde tamén formou parte do movemento Atlántica desde 1980. En 1986 regresou a Galicia e en 1992 instalou o seu estudo en Paramos (Tui). Nas súas esculturas, abstractas, experimentou coas formas, xogando cos ocos e os volumes, coas texturas e cos materiais: empregou poliéster, aceiro, ferro, madeira (Acacia, 1976), pedra (Pensando en Stendhal, 1995) e bronce (As agullas da catedral, 1992; Personaxes de Millet, 2000) e innovou coa realización conxuntos articulados e desmontables de cerámica. Da súa obra pública destaca a formación de granito de grandes dimensións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Silverius, derivado de silva ‘bosque’, formado no s VI co sufixo -erius sobre o modelo doutros nomes persoais como Tiberius ou Valerius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (536-537), fillo do Papa Hormisdas. Sucedeu a Agapito I (536) por imposición do rei ostrogodo Teodato, feito que o opuxo a Vixilio, protexido da Emperatriz Teodora. A súa negativa a desautorizar o Concilio de Calcedonia valeulle a detención e o exilio (537). Ao regresar a Roma foi condenado por Vixilio, o seu sucesor. Foi confinado por Belisario nas illas Pontinas. A súa festividade celébrase o 20 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO