"Silviniano" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Silvinianus, derivado de Silvius e este á súa vez de silva ‘selva’.
-
PERSOEIRO
Mártir. Segundo a tradición, foi un neno martirizado en tempos de Valeriano. Os seus restos atopáronse no cemiterio romano de Ciríaca en 1844 e o seu corpo foi doado por un prelado bieito a frei Rosendo Salvado en 1851, quen o cedeu a un monxe exclaustrado de San Martiño Pinario. En 1861 o seu corpo pasou ás mans do mosteiro de San Paio de Antealtares. Represéntase como unha figura xacente con ricas vestiduras. A súa festividade celébrase o 22 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO