Silviniano, san

Silviniano, san

Mártir. Segundo a tradición, foi un neno martirizado en tempos de Valeriano. Os seus restos atopáronse no cemiterio romano de Ciríaca en 1844 e o seu corpo foi doado por un prelado bieito a frei Rosendo Salvado en 1851, quen o cedeu a un monxe exclaustrado de San Martiño Pinario. En 1861 o seu corpo pasou ás mans do mosteiro de San Paio de Antealtares. Represéntase como unha figura xacente con ricas vestiduras. A súa festividade celébrase o 22 de novembro.