"Sobroso" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe galega que trae como armas escudo en catro partes: primeira e cuarta partición, en campo de goles, unha cruz chea, de ouro; segunda e terceira partición, en campo de prata, un león rampante de goles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilasobroso (Mondariz). Edificado no s XII, pertenceu aos señores de Sobroso ata que no s XIV foi entregado a Pedro Ruiz Sarmiento, señor de Ribadavia. Foi derrubado polos irmandiños e despois pasou a Pedro Madruga que o reconstruíu. Posteriormente recuperárono os Sarmiento. Pertenceu aos duques de Híjar e a finais do s XIX comprouno o conde de Torre Cedeira, que o vendeu en 1923 a Alejo Carrera Martínez, quen o reconstruíu totalmente. Desde 1981 pertence ao concello de Ponteareas que instalou no seu interior en 2001 o Centro de Recuperación de Cultura Popular. Componse dun dobre peche exterior, circular e pentagonal, un corpo residencial e a torre da homenaxe. No corpo residencial destaca, no piso principal, a sala sos Señores. A torre da homenaxe é de planta cuadrangular. Na porta de acceso ao castelo atópanse os escudos dos Sarmiento e os Valladares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Filipe IV en 1625 a García Sarmiento de Soutomaior, II conde de Salvatierra e señor de Sobroso, para os primoxénitos da súa casa. Ata o falecemento en 1872 de Agustín de Silva Bermuy , XI marqués de Sobroso e X conde de Salvatierra, os títulos permaneceron unidos. O título rehabilitouse en 1926 na XII marquesa de Sobroso, María Rosa Vázquez de Silva (?-Madrid 1968). O título pasou en 1970 ao seu fillo Pedro Caro Vázquez (? 1936), XIII marqués de Sobroso. Trae por armas escudo partido: primeira partición, de goles, trece besantes de ouro, postos 3,3,3,3 e 1 (Sarmiento); segunda partición, de prata, tres faixas con dúas ordes axadrezadas de ouro e goles, separados cada unha por un liña de sabre (Sotomayor). No timbre, coroa marquesal.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Mondariz baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo de Sobroso.