Bulawayo

Bulawayo

Cidade de Zimbabwe que constitúe a provincia homónima (479 km2; 620.936 h [1992]). É o segundo centro comercial e o primeiro núcleo industrial do país, baseado no sector metalúrxico do ferro e do estaño. Hai minas de ouro e asbesto nos arredores. Encrucillada de comunicacións terrestres, ten aeroporto internacional.