"Someş" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués. Segundo a documentación talvez sexa o atestado como Johan Soarez de Valadares, nado na segunda metade do s XII e fillo de Soeiro Ares e dunha dama da nobreza galega. O seu patrimonio familiar situábase en terra de Valadares. Activo no primeiro cuarto do s XIII, posiblemente estivo vinculado á corte señorial dos Soverosa. Consérvanse 25 composicións da súa autoría transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e, na súa maioría, polo Cancioneiro da Ajuda: 24 cantigas de amor e 1 escarnio persoal.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Europa Central, de 1.407 km de lonxitude, afluente pola esquerda do Tisza. Fórmase en Dej (Romanía) pola confluencia do Gran Someş e o Pequeno Someş, e desemboca pouco despois de entrar en Hungría.
VER O DETALLE DO TERMO