Don Benito
Don Benito
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, na comarca de Las Vegas del Guadiana, drenado polo río Guadiana (31.022 h [1996]). É un importante centro agrícola, con cultivos de cereais, viña, oliveiras, algodón e tabaco. Ademais, é un destacado núcleo comercial de produtos agrícolas e industriais, onde se celebran feiras alimentarias e apícolas, entre as que destaca a Feria de Muestras de Extremadura (FEVAL). Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as igrexas de Santiago (ss XVI-XVII) e de Santa María (1881-1896), e o Museo Etnográfico inaugurado no 2000.