"Somerset" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Escritor. Desenvolveu en Inglaterra a súa obra novelística e teatral. Describiu as miserias dos arrabaldes de Londres nas novelas Liza of Lambeth (1897), Mrs. Craddock (1902) e Cakes and Ale (1930). En teatro dirixiu The Land of Promise (1913) e The Letter (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (373 km2; 191.100 h [estim 2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal británico. Durante as campañas napoleónicas foi axudante de campo do duque de Wellington. Comandou as tropas británicas na Guerra de Crimea (1853-1856) e faleceu no asedio a Sebastopol.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (3.452 km2; 498.093 h [2001). A súa capital é Taunton (102.299 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título inglés concedido en 1443 a John Beaufort (?-1444), IV conde de Somerset. En 1448 foi concedido de novo ao seu irmán Edmund Beaufort (?-1455), conde de Dorset e V conde de Somerset, xefe da facción dos Lancaster. Reverteu á coroa á morte (1471) do seu fillo Edmund Beaufort. Enrique VIII concedeuno de novo en 1525 ao seu fillo ilexítimo Henry Fitzroy (morto sen fillos en 1536). Finalmente foi outorgado en 1547 a Edwuard Seymour, irmán da Raíña Xoana. Continúa nos seus descendentes. O condado de Somerset foi concedido por primeira vez en 1141 pola Raíña Matilda I ao normando William de Mohun (?-1155?). O segundo titular foi John Beaufort (?-1410), fillo do duque de Lancaster, a quen foi doado en 1397 e que foi o pai do primeiro e segundo duque. Por última vez o condado foi outorgado por Xaime I ao seu favorito e amigo íntimo Robert Kar (ou Carr), viceconde de Rochester, morto sen fillos en 1645.
VER O DETALLE DO TERMO