Somerset, ducado de

Somerset, ducado de

Título inglés concedido en 1443 a John Beaufort (?-1444), IV conde de Somerset. En 1448 foi concedido de novo ao seu irmán Edmund Beaufort (?-1455), conde de Dorset e V conde de Somerset, xefe da facción dos Lancaster. Reverteu á coroa á morte (1471) do seu fillo Edmund Beaufort. Enrique VIII concedeuno de novo en 1525 ao seu fillo ilexítimo Henry Fitzroy (morto sen fillos en 1536). Finalmente foi outorgado en 1547 a Edwuard Seymour, irmán da Raíña Xoana. Continúa nos seus descendentes. O condado de Somerset foi concedido por primeira vez en 1141 pola Raíña Matilda I ao normando William de Mohun (?-1155?). O segundo titular foi John Beaufort (?-1410), fillo do duque de Lancaster, a quen foi doado en 1397 e que foi o pai do primeiro e segundo duque. Por última vez o condado foi outorgado por Xaime I ao seu favorito e amigo íntimo Robert Kar (ou Carr), viceconde de Rochester, morto sen fillos en 1645.