Temas

Uceda, ducado de

Título concedido no Reino de Castela con grandeza de España, en 1610, a Cristóbal Gómez Sandoval-Rojas y de la Cerda, marqués de Cea. Pasou aos Téllez-Girón, duques de Osuna, aos Pacheco, condes da Puebla de Montalbán, aos Fernández de Velasco e outra vez aos Girón, duques de Osuna.

Máis >
Saxonia-Eisenach, ducado de

Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1572 a favor de Xoán Ernesto I (?-1637), fillo segundo do duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha. En 1671 incorporouse ao ducado de Saxonia-Marksuhl.

Máis >
Gloucester, ducado de

Título da casa real inglesa creado en 1385 polo Rei Ricardo II para o seu irmán Thomas, conde de Buckingham e Essex.

Máis >
Saxonia-Gotha, ducado de

Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviado de Turinxia, para Xoán Federico II (?-1595), fillo maior do elector Xoán Federico I de Saxonia. Incorporou o ducado de Saxonia-Altenburg en 1672 e desde 1675 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Gotha-Altenburg. En 1825 Gotha uniuse ao ducado de Saxonia-Coburg, e Altenburg ao de Saxonia-Hildburghausen.

Máis >
Medina Sidonia, ducado de

Título señorial concedido en Castela (1445) a

Máis >
Alamania, ducado de

Ducado formado polo territorio ocupado polos alamanos no s VI baixo a soberanía franca. Contra o 650 foi suprimido e dividido en dous ducados: o de Alsacia e o de Suabia.

Máis >
Saxonia-Lauenburg, ducado de

Ou ducado da Baixa Saxonia Territorio alemán formado como consecuencia da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Xoán I (?-1285), fillo maior do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1689 pasou ao duque de Brunsvic-Lüneburg-Zelle, en 1702 ao electorado de Hannover, en 1815 a Dinamarca e en 1864 a Prusia.

Máis >
Slesvig-Holstein, ducado de

Título, correspondente á unión dos ducados de Slesvig e de Holstein, que levaron todos os reis de Dinamarca desde Cristián I (1460) ata Federico VII (1863). Da casa ducal de Slesvig-Holstein saíron diferentes liñas ducais. O duque Adolfo I de Holstein-Gottorp (?-1586). O duque Federico III de Holstein-Gottorp (?-1659) declarouse independente de Dinamarca. Del descenden Adolfo Federico de Holstein-Gottorp (quen en 1571 se converteu no Rei Adolfo Federico II de Suecia e orixinou a dinastía dos Wasa-Holstein-Gottorp, que reinou ata 1814), Federico Augusto de Holstein-Gottorp (?-1785), que formou a rama dos grandes duques soberanos de Oldenburg e o duque Carlos Pedro Ulrico I de Holstein-Gottorp (?-1762), que en 1762 se converteu no Tsar Pedro III de Rusia. A liña de Slesvig-Holstein-Sonderburg orixinouse en 1582 co duque Xoán I de Slesvig-Holstein-Sonderburg o Novo (?-1622), irmán do Rei Federico II e o duque Alexandre I de Slesvig-Holstein-Sonderburg (?-1627). Dividiu os...

Máis >
Alcalá de los Gazules, ducado de

Título concedido no 1558 a Pedro Afán de Rivera (morto no 1571). Lugartenente de Catalunya e Vicerrei de Nápoles. O título pasou aos duques de Medinaceli.

Máis >
Suffolk, ducado de

Título inglés concedido en 1448 a William de la Pole (morto en 1450) sobre o marquesado de Suffolk, que lle fora doado en 1444 sendo xa quinto conde de Suffolk. Sucedeuno o seu fillo, John de la Pole (morto en 1491/1492), que casou coa princesa Isabel, irmá do Rei Eduardo IV, e foron pais de Edmund de la Pole (morto en 1513), terceiro duque, que renunciou ao título ducal en 1493 para usar desde entón o de conde. O ducado foi concedido de novo en 1514 a Charles Brandon (morto en 1545), casado coa princesa María, irmá do Rei Enrique VIII e foi incorporado á coroa en 1551. O condado de Suffolk foi creado en 1337 para Robert Ufford (morto en 1369) e reverteu na coroa en 1382 pola morte sen fillos do seu fillo e segundo conde. En 1385 foille concedido a Michael de la Pole (morto en 1389), pai do quinto conde e primeiro duque de Suffolk. Por última vez foi concedido en 1603 a...

Máis >
Loading