Temas

Saxonia-Altenburg, ducado de

Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia, en 1573, para Federico Guillerme I (?-1602), fillo do duque Xoán Guillerme I de Saxonia-Weimer. En 1672 uniuse ao ducado de Saxonia-Gotha. En 1826 volveu ter entidade propia e en 1919 foi incorporado ao land de Turinxia.

Más >
Saxonia-Gotha, ducado de

Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviado de Turinxia, para Xoán Federico II (?-1595), fillo maior do elector Xoán Federico I de Saxonia. Incorporou o ducado de Saxonia-Altenburg en 1672 e desde 1675 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Gotha-Altenburg. En 1825 Gotha uniuse ao ducado de Saxonia-Coburg, e Altenburg ao de Saxonia-Hildburghausen.

Más >
Saxonia-Eisenach, ducado de

Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1572 a favor de Xoán Ernesto I (?-1637), fillo segundo do duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha. En 1671 incorporouse ao ducado de Saxonia-Marksuhl.

Más >
Clarence, ducado de

Título da casa real inglesa concedido en 1362 a Lionel de Anveres, terceiro fillo de Eduardo III, e que reverteu na coroa á súa morte (1368). En 1412 foille outorgado ao príncipe Tomás, fillo segundo do Rei Enrique IV. En 1461 concedéuselle o terceiro ao príncipe Xurxo, irmán de Eduardo IV. En 1789 outorgóuselle ao príncipe Guillerme, fillo terceiro de Xurxo III, e a derradeira concesión realizóuselle ao príncipe Alberte (morto en 1892), fillo maior do Rei Eduardo VII.

Más >
Durazzo, ducado de

Territorio independente que recibiu en 1333 Xoán de Anjou, fillo do Rei Carlos II de Nápoles e conde de Gravina, fundador da rama dos Anjou-Durazzo, cando renunciou ao principado de Acaia a prol de Caterina de Valois. Xunto coa cidade recibiu o título de rei de Albania. Sucedeuno o seu fillo Carlos (1335-1348) e a filla deste, Xoana (1348- 1387), que conservou o ducado ata que no 1383 a cidade foi ocupada polos serbios. Logo da perda da cidade, os dereitos do ducado pasaron á irmá de Xoana, Margarida de Durazzo e aos seus fillos.

Más >
Rubí, ducado de

Título concedido en 1920 ao capitán xeneral Valeriano Weyler i Nicolau, marqués de Tenerife. Continúa na mesma familia.

Más >
Edimburgo, ducado de

Título da casa real británica concedido no ano 1866 ao príncipe Alfredo, fillo da Raíña Victoria I, que despois se converteu en Alfredo I, duque reinante de Saxonia-Coburg-Gotha. No ano 1947 concedéuselle ao príncipe Filipe de Grecia (Filipe Mountbatten), casado coa Raíña Isabel II.

Más >
Bremen, Ducado de

Territorio do Sacro Imperio creado como consecuencia da secularización do principado episcopal de Bremen coa Paz de Westfalia (1648) e adxudicado a Suecia. No 1712 pasou a Dinamarca e, no 1720, a Hannover.

Más >
Albany, ducado de

Título da Casa Real Escocesa empregado polos fillos segundoxénitos dos reis. Foi creado no 1398 polo Príncipe rexente Roberto, fillo do Rei Roberto II. Ostentárono, entre outros, o duque Xoán Stuart (ou Estuardo), Enrique Stuart (ou Estuardo), os futuros Reis Xaime VI (Xaime I de Inglaterra), Carlos I e Xaime VII.

Más >
Loading