Norfolk, Ducado de

Norfolk, Ducado de

Título ostentado por diversos membros da nobreza inglesa. Foi outorgado por vez primeira en 1397 a Thomas Mowbray (? 1366?-Venecia 1399), conde de Nottingham desde 1383. Formou parte do grupo de nobres que de 1387 a 1389 forzaron a Ricardo II de Inglaterra a someterse á súa vontade. Esta dinastía ducal extinguiuse coa morte do cuarto duque, John (1444-1476). Ricardo III de Inglaterra restableceu o ducado en 1483, concedido a Thomas Howard (? 1430?-Bosworth 1485) e continuado pola súa familia. O título ducal ía acompañado, ademais, da dignidade de gran mariscal do reino.