Neopatria, Ducado de

Neopatria, Ducado de

Territorio formado por Sidhirókastron e a parte meridional de Tessalia. Foi conquistado polo duque Afonso Federico de Aragón (1319) con tropas catalás, e constituído ducado o mesmo ano, uniuse ao Ducado de Atenas. Estaba gobernado por capitáns que dependían do Reino de Sicilia. Caeu en mans dos florentinos (1390) e deixou de pertencer efectivamente aos reis de Aragón.