Parma, Ducado de

Parma, Ducado de

Territorio señorial centrado na cidade de Parma. Creouno o Papa Paulo III en 1545, coa inclusión de Piacenza e outorgoullo ao seu fillo, Pedro Luís Farnese. Asasinado este en 1547, foi ocupado por Milán ata que Filipe II o devolveu aos Farnese (1558). En 1732 o ducado pasou a Carlos III (Carlos I de Parma) e en 1735 a Austria. Ocupado por España en 1745 pertenceu con Guastalla, a Filipe I de Parma (1748-1765), quen foi sucedido por Fernando I de Parma (1765-1801). Invadido por Napoleón I Bonaparte (1801), en 1815 cedeullo á súa muller, María Luísa de Austria e en 1860 incorporouse a Piemonte.