Lennox, ducado de
Lennox, ducado de
Título escocés xa posuído, como condado de Lennox , por Alwyn Lemox (?-1180?) e concedido, como ducado de Lennox , en 1581 ao conde de Lennox, Esmé Stuart (?-1583). O condado foi posuído por Xaime VI de Escocia (futuro Xaime I de Inglaterra) que en 1572 o cedeu ao seu tío Carlos Stuart (?-1576). Á súa morte en 1672 pasou ao Rei Carlos II de Inglaterra, que llo deu ao seu fillo ilexítimo Carlos Lennox (?-1723), e que continúa nos seus descendentes.