"Soneira" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • GALICIA

    Médico e cirurxián. Especialista en radiodiagnose, investigou tamén sobre xeoloxía e prehistoria, e foi director do Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Ademais foi membro de distintas institucións, entre as que destaca a Societè Préhistorique Française. Recibiu o Premio Federico Maciñeira da Real Academia Galega polo seu traballo Mesolítico Gallego e a Medalla de Prata de Galicia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Cabanas, Coristanco, Laxe, Vimianzo e Zas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Membro do PSdG-PSOE e secretaria de Movementos Migratorios da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE desde 2000, foi concelleira de Camariñas e promotora da recuperación do encaixe de palillos. Desde 1997 é deputada no Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Terra de Soneira ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Terra de Soneira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada ao O da provincia da Coruña e no NO da Comunidade Autómoma de Galicia. Limita ao N co Océano Atlántico e coa comarca de Bergantiños (concellos de Laxe e Cabana de Bergantiños), ao S coas comarcas de Xallas (concello de Mazaricos), ao L as comarcas de Bergantiños (concello de Coristanco) e Xallas (concello de Santa Comba) e ao O a comarca de Fisterra (concellos de Dumbría e Muxía) e, de novo co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 372,5 km2en que acolle unha poboación de 21.020 h (2001), distribuída entre os concellos de Camariñas (51,9 km2; 6.421 h [2001]), Vimianzo (187,4 km2; 8.542 h [2001]) e Zas (133,2 km2; 6.057 h [2001]). Non existe unha clara capitalidade comarcal, aínda que Vimianzo exerce certa atracción.
    Xeografía física
    Desde o punto de vista físico, trátase dun espazo moi contrastado, pois é unha comarca costeira e interior ao mesmo tempo. O relevo pódese enmarcar nunha área de transición...

    VER O DETALLE DO TERMO