"Sousa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 20.
-
PERSOEIRO
Militar e estatista. Comandante Xeral e Intendente de Nova Galicia (1799). Nomeado Vicerrei do Perú no 1804, exerceu esa función dende o ano 1806. Malia as reformas que promoveu, os movementos independentistas non detiveron o seu avance e reprimiunos coas armas (1810-1816).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Verín, as primeiras instalacións consistían nun pavillón e nun salón para auguistas construído en 1859. Nos primeiros anos do s XX edificouse o hotel que funcionou ata 1960. Na actualidade mantense como planta de envasado de augas minerais naturais, que se comercializa baixo o nome de Agua de Sousas.
-
PERSOEIRO
Poeta. Iniciou estudios de Arquitectura que abandonou debido a unha doenza física. No Brasil comezou a súa produción literaria en xornais e foi profesor de literatura hispanoamericana na Faculdade Nacional de Filosofia. Considerado como o pai da poesía modernista brasileira, entre as súas obras poéticas destacan: A cinza das horas (1917), Carnaval (1919), Libertinagem (1930), Estrela da tarde (1962); como prosista escribiu Crônicas da província do Brasil (1937) e Apresentação da poesia brasileira (1946), entre outras. As súas investigacións levárono a mergullarse nos cancioneiros medievais galego-portugueses, dando como froito o poema “Cossonte”, onde emula a famosa cantiga “Ondas do mar de Vigo” de Martín Códax.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Fillo de José Corral Díaz, a quen considera o seu mestre. Graduouse en cerámica na Escola de Artes Plásticas e Deseño de Lugo e foi profesor da Escola Provincial de Ourense dende 1982 e da Escola de Arte Antonio Faílde dende 1990. A súa obra caracterízase polo dominio do debuxo, da cor e da luz. Pintou interiores de edificios relixiosos, nos que experimentou coa luz, e realizou murais cerámicos. Obtivo numerosos primeiros e segundos premios en certames provinciais (1956-1964), catro premios nacionais, e participou en diversas mostras, como a de Mestres Pintores (Ourense, 2001). Da súa produción destacan O Pórtico da Gloria, Nave da catedral de Ourense e O deambulatorio do mosteiro de Oseira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta brasileiro. De formación naturalista, iniciou o simbolismo en Brasil. Da súa produción destacan, entre outras obras: Missal (1893), Broquéis (1893), Evocações (1898) e Últimos sonetos (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo. Franciscano, estudiou nos seminarios de Herbón, Ponteareas e Santiago de Compostela, onde se ordenou en 1951. Exerceu a docencia e en 1966 fundou en Santiago de Compostela o orfeón Terra a Nosa, do que foi director. Das súas composicións destacan numerosos vilancicos e a peza Misa gallega, para órgano e coro. Recibiu a Medalla de Galicia (1992) e foi nomeado fillo predilecto de Cartelle.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Doutorouse en Bioquímica pola Universidad Complutense de Madrid (1971) e licenciouse en Dirección de Empresas polo Instituto de Estudios Superiores de Empresa (IESE). Foi catedrático de Bioquímica na Universidad Complutense de Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1967 e 1979 traballou como investigador nos laboratorios de ICI-Pharmaceuticals, de Shell, da Basel University (Suíza), da Washington University (Saint Louis, Missouri) e do Institute de Biologie Physico-Chimique da Foundation Edmon de Rothschild (París). Entre 1979 e 1985 foi director dos proxectos de investigación de Antibióticos SA, que incluíron estudios sobre ADN recombinante e a busca de novos antibióticos. En 1985 pasou a presidir o consello de administración de Zeltia. En 1986 fundou PharmaMar, compañía de biotecnoloxía que se dedica ao descubrimento e desenvolvemento de fármacos de orixe mariña. En 1990 fundou PharmaGen, compañía de biotecnoloxía dedicada á análise de ADN con aplicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo e bibliólogo. De formación autodidacta, ten numerosos traballos sobre gramática, ortografía, lexicografía e técnicas editoriais. É autor de Dicionario de tipografía y del libro (1974), Dudas y errores del lenguaje (1974), Dicionario general del periodismo (1981), Dicionario de ortografía (1985), Dicionario de bibliología y ciencias afines (1989), Dicionario de lexicografía práctica (1995), Dicionario de edición, tipografía y artes gráficas (2001) e Libro de estilo Vocento (2003). Foi presidente de honra do Comité Español da Asociación Internacional de Bibliología (1991-1997 e 1998-2000) e presidente da Asociación Española de Bibliología (1997-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Braga en 1918 co nome de Museu de Arte e Arqueologia. En 1981 constituíuse como un museo rexional de arqueoloxía orientado principalmente á preservación e divulgación dos vestixios romanos de Bracara Augusta. A súa colección abarca un período cronolóxico comprendido entre o Paleolítico e a Idade Media.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé en Ourense e formou (1899) unha pequena e breve sociedade cinematográfica con Xosé Gil, con quen realizou diversas exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. Asociouse en Vigo (1907) co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co falecemento desta (1915), a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser de propiedade exclusiva de Xaime. Moitas das fotos realizadas por Filippo e Cándida foron posteriormente utilizadas por Pacheco, que continuou o catálogo de retratos e vistas da cidade que iniciara o fotógrafo italiano. Colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, sobre todo, de El Pueblo Gallego, especializouse en retratos de estudo de xente anónima ou de persoeiros, como Carlos Maside, Ramón Cabanillas, Luís Seoane, Martínez Garrido ou A. Castelao, co que se converteu nun dos máis destacados de Vigo e de Galicia. O seu traballo, realizado cun amplo equipo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista portugués. Militante do Partido Comunista portugués, foi perseguido durante a ditadura de Salazar. Continuador do neorrealismo, na súa obra manifesta influencias tanto da literatura popular como do vangardismo. En canto ao seu estilo non delimita os diálogos e utiliza parágrafos moi longos, sen apenas puntos, feito que non significa unha dificultade para o lector. Publicou Os Poemas Possíveis (1966), Deste mundo e do outro (1971), Viagem a Portugal (1981), Memorial do convento (1982), O ano da morte de Ricardo Reis (1982, Premio da Crítica e Premio Pen Club 1985), A segunda vida de Francisco de Assís (1987), Historia do cerco de Lisboa (1989), O Evangelio segun Jesucristo (1922), Ensaio sobre a Cegueira (1995), Todos os nomes (1997), A Caverna (2000), O homen duplicado (2002), Ensaio sobre a lucidez (2004), Don Giovanni ou O dissoluto absolvido...
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, catro faixas de goles. Outro trae, escudo cuartelado en cruz: 1 e 4, de azul, con cinco besantes de prata colocados en aspa; 2 e 3, de prata, cun lunel de ouro, perfilado de goles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático, primeiro conde (1812), primeiro marqués (1823) e primeiro duque de Palmela (1850), e primeiro duque de Faial (1833). Liderou os cartistas e representou a Portugal no Congreso de Viena. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros en diversas ocasións e primeiro ministro de Portugal (1834-1835, 1842 e 1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano portugués. Especializado en xenealoxía, escribiu sermóns en castelán e latín, obras teolóxicas e místicas. Está considerado un dos pais da xenealoxía moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Destacou como creador dalgunhas marchas, como Stars and Stripes. Foi o inventor do helicón, tamén coñecido como sousáfono.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. De nome Manuel de Sousa Coutinho, entre 1576 e 1577 foi capturado polos piratas cando viaxaba polas Indias Occidentais e estivo preso en Alxer, onde coñeceu a Cervantes. En 1577 regresou a Portugal e prestou servizo a Filipe I de Portugal (Filipe II de España). Escribiu Vida de D. Fr. Bartolomeu dos Mártires (1619), a Historia de S. Domingos (en 3 partes: 1623, 1662 e 1678) e Anais de D. João III (1844), modelo de prosa clásica portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e historiador portugués. Tras catro anos en Roma, trasladouse en 1631 a Madrid. Destacan Epitome de historias de Portugal (1628), El gran iustitia de Aragón don Martín Batista de Lanuza (1650) e Asia Portuguesa (1666).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante portugués. Enviado por Xoán III de Portugal a unha expedición a Brasil (1531), descubriu a baía de Rio de Janeiro e fundou a cidade de Bahia. Dirixiu diversas expedicións ás Indias Orientais, entregouse á pirataría e tivo que volver a Lisboa. O seu irmán, Pero Lopes de Sousa (? 1500 - Madagascar 1539) acompañouno a Brasil, e tamén marchou á India, pero morreu nun naufraxio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento con forma de tuba baixa, deseñado por J. P. Sousa, para ser tocado nas bandas. Ten forma helicoidal e consta de tres ou catro válvulas.
-
PERSOEIRO
Atleta. Foi campioa de España de 3.000 m (1991 e 1992), 5.000 (1993 e 1996), 10.000 (1998) e de cross 7 veces consecutivas (1992-1998). Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) na proba de 10.000 m.
VER O DETALLE DO TERMO