Fernández Sousa-Faro, José María

Fernández Sousa-Faro, José María

Bioquímico. Doutorouse en Bioquímica pola Universidad Complutense de Madrid (1971) e licenciouse en Dirección de Empresas polo Instituto de Estudios Superiores de Empresa (IESE). Foi catedrático de Bioquímica na Universidad Complutense de Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1967 e 1979 traballou como investigador nos laboratorios de ICI-Pharmaceuticals, de Shell, da Basel University (Suíza), da Washington University (Saint Louis, Missouri) e do Institute de Biologie Physico-Chimique da Foundation Edmon de Rothschild (París). Entre 1979 e 1985 foi director dos proxectos de investigación de Antibióticos SA, que incluíron estudios sobre ADN recombinante e a busca de novos antibióticos. En 1985 pasou a presidir o consello de administración de Zeltia. En 1986 fundou PharmaMar, compañía de biotecnoloxía que se dedica ao descubrimento e desenvolvemento de fármacos de orixe mariña. En 1990 fundou PharmaGen, compañía de biotecnoloxía dedicada á análise de ADN con aplicacións en diagnóstico. Ten máis de 80 publicacións e patentes na área da bioquímica, dos antibióticos e da bioloxía molecular.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid