"Stewart" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor inglés. Foi un dos teóricos do nacionalsocialismo. En 1885 trasladouse desde Inglaterra para estudar en Dresden e posteriormente se estableceu en Viena. Na súa obra principal Die Grundlagen des neunzehten Jahrhunderts (Os fundamentos do s XIX, 1899), fai unha interpretación da superioridade da raza aria. Durante a Primeira Guerra Mundial posicionouse como panxermanista e partidario da anexión a Alemaña de todos os pobos de orixe xermana. É autor de dúas monografías sobre Richard Wagner, compositor no que se inspirou para desenvolver unha filosofía de carácter nacionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Afiliouse ao movemento imaxinista e publicou os poemas líricos In the Net of Stars (1909), Cadences (1915) e Otherworld (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • James La Blanche Stewart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Brooklyn, Nova York 1935) Director, actor e escritor cinematográfico. Coñecido como Woody Allen, iniciou a carreira artística como animador de espectáculos e autor de teatro e televisión. O seu primeiro filme, Take the Money and Run (1969), encadrouno na tradición dos clásicos do cinema cómico. En 1977, a súa película Annie Hall obtivo tres Oscar de Hollywood, e tres máis Hannah and her Sisters (1987). Tamén dirixiu Manhattan Murder Mistery (1993), Bullets over Broadway (1995), Mighty Aphrodite (1995), Everyone Says I Love You (1996), Deconstruting Harry (1997), Celebrity (1998) e Anything Else (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Stewart Granger, comezou facendo papeis secundarios no cine, ata que se deu a coñecer no filme Caesar and Cleopatra (1945). Das súas películas destacan King Solomon’s Mines (1950), The Prisoner of Zenda (1952), Salome (1953), The Last Hunt (1956) e Hell Hunters (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Presidente da Home Rule (1877), e do Irish Land League (1879). Loitou sen éxito contra a lei represiva de 1800 para pór fin á axitación campesiña. O asasinato do secretario para Irlanda (1882) facilitou a aplicación de novas leis represivas, e Parnell foi deposto como xefe da Home Rule (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e político sudafricano. Fundou e presidiu o Liberal Party (1953-1968). Consagrouse coa novela Cry, the Beloved Country (1948), levada á pantalla por Z. Korda (1952), á que seguiron Too Late the Phalarope (1953), Tales from a Troubled Land (1961), un conxunto de pequenas historias; e Ah, but Your Land is Beautiful (1981), en que analiza o tema racial. Loitou sempre pola causa liberal e o problema social do seu país con conferencias e artigos xornalísticos como “The Long View” (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviador e automobilista. En 1906 creou, xunto con Frederic Henry Royce, a empresa Rolls-Royce. Foi o primeiro aviador en cruzar o Canal da Mancha (1910) e morreu nun accidente de aviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • James Maintland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés, vizconde de Castlereagh e segundo marqués de Londonderry. Como primeiro secretario (1789-1801) do lord lugartenente inglés en Irlanda, axudou a sufocar a rebelión de 1798 e conseguiu que o Parlamento irlandés aprobase a unión con Inglaterra (1800). Formou parte da ala progresista dos tories. Como secretario de Guerra (1805-1809) dirixiu a guerra contra Napoleón I. Ministro de Asuntos Exteriores (1812), unificou os esforzos para a derrota de Napoleón I e a instauración dunha nova orde en Europa polo Tratado de Chaumont (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roderick David Stewart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante de rock. Coñecido como Rod Stewart, pertenceu a varios grupos ata que iniciou a súa carreira en solitario. Da súa discografía destacan Every Picture Tells A Story (1971), Atlantic Crossing (1975), Foot Loose & Fancy Free (1977), Camouflage (1984), Out Of Order (1988), Unplugged & Seated (1993), If We Fall In Love Tonight (1996) e Human (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Inglaterra e de Escocia (Carlos III, 1766-1768), fillo de Xaime de Inglaterra, o Vello Pretendente. Este nomeouno, ao nacer, príncipe de Gales, título que levou ata 1766. Nomeado rexente polo pai, que estaba doente, foi enviado a París en 1744 para planear a invasión de Escocia. Desembarcou en Escocia, e en Edimburgo proclamou o seu pai rei e invadiu Inglaterra, pero tivo que se retirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe escocesa que orixinou dinastías en Escocia e Inglaterra. O primeiro membro coñecido é Alan, segundo senescal hereditario de Dol (1045), avó doutro Alan, que exerceu o mesmo cargo e que foi favorito do Rei Enrique I de Inglaterra e sheriff de Shrop-shire (1101). Dos fillos do seu descendente Alexander Fitzalan (?-1286), gran senescal de Escocia, descenden todos os Stuart de Gran Bretaña. A primeira liña real foi formada por lord James (?-1309), quinto gran senescal de Escocia e un dos rexentes da Raíña Margarida I (1286), e pai de Walter Steward ou Stewart (?-1326), que o sucedeu no cargo e casou coa princesa Marjorie, filla do Rei Roberto I de Escocia. Coa morte, sen fillos, do Rei David II, sucedeuno o seu sobriño Robert Stewart , que reinou como Roberto II de Escocia, e desde entón o título de gran senescal de Escocia foi empregado polos herdeiros do trono. Os seus sucesores foron reis de Escocia ata que con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, filla de Charles Stewart, décimo cuarto conde de Lennox, e de Elizabeth Cavendish. Enrique VI de Francia quixo casar con ela, pero Isabel I impediuno. Cando Xaime VI de Escocia, primo seu, xa cinguira a coroa inglesa, quixo casar con William Seymour, fillo de Lord Beauchamp, pero o rei opúxose; a pesar de todo, casaron en segredo. Encarcerados, fuxiron, pero ela foi prendida e encerrada na Torre de Londres, onde toleou e morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e duque de York e rei titular de Inglaterra (Enrique IX, 1788-1807), fillo de Xaime de Inglaterra, o Vello Pretendente. Este nomeouno duque de York pouco despois de nacer. Nomeado cardeal co título de York, foi arcebispo de Corinto (1758) e bispo de Frascati (1761-1803). En 1803 foi nomeado deán do Sacro Colexio e bispo de Ostia e Velletri. Ao morrer o seu irmán Carlos Eduardo Stuart (1788), proclamouse rei de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lord Abernethy (1561), conde de Mar (1561-1562) e de Moray (1562) e rexente de Escocia (1567-1570), fillo lexitimado (1550) do Rei Xaime V de Escocia e de Margaret de Erskine, filla do conde de Mar. Axudou no goberno da súa irmá María I, pero distanciouse dela ao se opor ao matrimonio co conde de Darnley. Nomeado rexente, volveu loitar contra a súa irmá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cuarto duque de Albany, príncipe herdeiro de Escocia (1516-1536) único fillo e sucesor do príncipe Alexandre de Escocia, duque de Albany, e da súa segunda muller, Anne de La Tour de Auvernia. Foi rexente do seu sobriño segundo, o Rei Xaime V (1515). En 1522 tivo que declararlle a guerra a Inglaterra, que lle foi contraria, e renunciou á rexencia en 1524.

    VER O DETALLE DO TERMO