"Stirling" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Escocia, Reino Unido, (2.196km2 ; 41.211 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciclo termodinámico teórico dunha máquina térmica reversible, que está formado pola sucesión das catro fases polas que evoluciona un gas perfecto, entre dúas fontes de calor a temperatura constante, separadas por un intercambiador adiabático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión matemática que permite calcular, aproximadamente, o factorial dun número n, se é moito maior que 1. A exactitude do resultado é moito mellor canto maior é n. Escríbese n! ~√----2πn nn e-n. Pódese dicir que, para calquera valor de n, cúmprese          √----2πn nn e-n < n! < √----2πn nn e-n (1+1/12n).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático escocés. Estudou a obra de Newton e fixo diversas achegas ao cálculo infinitesimal e ás series infinitas, como a coñecida fórmula que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado en Liverpool, partiu dos principios racionalistas, enriquecidos con recursos baseados na tecnoloxía e nas tradicións autóctonas e populares. Realizou vivendas, arquitectura industrial para a firma Olivetti, museos, como a ampliación da Tate Gallery (1980-1985), e edificios universitarios como a escola de arquitectura da Rice University en EE UU (1979-1981). Recibiu o Premio Prizker en 1981.

    VER O DETALLE DO TERMO