Stirling, James Frazer
Stirling, James Frazer
Arquitecto. Formado en Liverpool, partiu dos principios racionalistas, enriquecidos con recursos baseados na tecnoloxía e nas tradicións autóctonas e populares. Realizou vivendas, arquitectura industrial para a firma Olivetti, museos, como a ampliación da Tate Gallery (1980-1985), e edificios universitarios como a escola de arquitectura da Rice University en EE UU (1979-1981). Recibiu o Premio Prizker en 1981.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Glasgow -
Deceso
Lugar : Londres