"Suevia" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Nome latino de Suabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe toponímica que procede do latín Suevia, a patria dos suevos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en La Habana a partir do 4 de setembro de 1910. Cesou en 1912. Fundado e dirixido por Ricardo Carballal, poblicou textos literarios e contou con colaboracións de Cabanillas, Curros Enríquez ou R. Blanco Torres; tamén incluíu información sobre as actividades das sociedades e institucións galegas, así como noticias de Galicia, sempre desde unha óptica anticaciquil e progresista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bos Aires a partir do 1 de xaneiro de 1913. Cesou o 18 de marzo dese ano. Subtitulada inicialmente “Revista gallega regionalista” saíu, con moitas irregularidades, dúas veces ao mes. Dirixida por Xoaquín Pesqueira, incluíu poesía, narrativa e ensaio en varias linguas e completou os seus contidos co humor gráfico de Castelao e Lourido. Desaparecida o 28 de xuño de 1913, Pesqueira refundouna a comezos de xaneiro de 1916, co subtítulo “Revista gallega”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 7 de outubro de 1917. Cesou o 12 de marzo de 1919 (nº22). Subtitulada “Revista semanal de Literatura, Arte y Ciencias”, en xaneiro de 1918 pasou a ter unha periodicidade quincenal e, a partir de xullo dese ano, cambiou o subtítulo polo de “Revista mensual”. Dirixida por Manuel Ortiz Novo, a cabeceira xurdiu coa ruptura do grupo que elaboraba Maruxa, despois da que un sector fundou La Raza e outro Suevia. De carácter literario, incluíu composicións de todos os xéneros e contou coa participación de destacados escritores. A partir do 23 de xullo de 1918 (nº20) pasou a denominarse Suevia Literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de produción cinematográfica creada en 1940 por Cesáreo González que se converteu nunha das máis importantes de España ata 1970. Abría todas as súas películas cunha vista aérea da ría de Vigo. Das súas producións destacan Polizón a bordo (F. Rey, 1941), Campeones (R. Torrado, 1942), Pena, penita, pena (M. Morayta, 1953), La Faraona (R. Cardona, 1956), El ruiseñor de las cumbres (A. del Amo, 1958) ou Los inocentes (J. A. Bardem, 1962). Desapareceu na década de 1980 e, en 1999, unha distribuidora e produtora videográfica madrileña recuperou o seu nome como homenaxe ao seu labor cinematográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO