"Suez" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade do NL de Exipto, que constitúe un mu ḥ āfaa independente (17.840 km2; 417.500 h [1996]). Situada no extremo S do canal de Suez, forma, xunto con Būr Tawfīq e Būr Ibrahim, un gran complexo portuario, con refinarías de petróleo. Foi moi danada durante a Guerra Árabe-israelí de 1967 e, economicamente, polo peche do canal de Suez (1967-1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal artificial que, a través do istmo de Suez, separa África de Asia e comunica o Mar Mediterráneo co Mar Vermello. Ten 161 km de lonxitude e de 80 a 150 m de largo, e é accesible para embarcacións de 11,25 m de calado. En 1980 foi inaugurado o primeiro túnel viario feito por baixo do canal, situado uns 20 km ao N da cidade de Suez, e que enlaza o delta do Nilo co Sinaí. En 1854 o sultán Sa’īd Paxá de Exipto concedeulle o permiso de construción á empresa de F. M. de Lesseps, e foi inaugurado o 17 de novembro de 1869. Inmediatamente constituíuse a Compañía Universal do Canal Marítimo de Suez cunha concesión de explotación por 99 anos. O Reino Unido converteuse no principal accionista (1875) e na potencia que o controlou ata despois da Segunda Guerra Mundial, co fin de asegurarse o control da ruta cara a India. En 1956 o presidente exipcio Nasser decidiu nacionalizalo, o que provocou a inmediata intervención de Francia e Reino Unido no territorio, aínda que acabaron retirándose. Entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo do NL de Exipto, que separa este da península do Sinaí e é o máis occidental dos dous golfos do N do Mar Vermello.

    VER O DETALLE DO TERMO