"Surinam" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • ENTRADA LARGA

    Estado de América meridional, que xunto a Venezuela e Guyana Francesa forman a rexión de Güiana. Limita ao O con Guyana, ao L con Guyana Francesa, ao S con Brasil e ao N co Océano Atlántico (163.820 km2; 420.000 h [estim 2001]). A súa capital é Paramaribo.
    Xeografía
    O territorio está formado por unha ampla chaira costeira, un altiplano central e unha rexión montañosa ao S. No S sitúanse os montes Wilhelmina e os Oranje, onde se encontran os cumes máis altos (Juliana Top 1.280 m). As costas son baixas e uniformes. O clima é ecuatorial, con estacións seca e chuviosa. A selva pluvial ecuatorial cobre o 95% do territorio. A agricultura concéntrase nas chairas costeiras e nos vales fluviais. Ten como principal cultivo o arroz, seguido de bananas, aceite de palma, cana de azucre, cítricos, coco, millo e vexetais. O bosque produce unha notable variedade de madeiras. Dentro da minaría destaca a produción de bauxita, ferro e níquel. As comunicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Surinam ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Surinam.

    VER O DETALLE DO TERMO