"TAE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro sacerdote católico no Xapón, que morreu mártir no 1846. A recente reforma do calendario litúrxico retirou santos europeos e introduciu este outro santo oriental para salientar a universalidade da Igrexa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altar da paz de Augusto que foi mandado construír polo Senado romano para conmemorar a paz instaurada por Octavio Augusto logo da Batalla de Accium. Erixido no campo de Marte (Roma), entre os anos 13 e 9 a C, foi reconstruído preto da súa localización orixinal. Está concibido como un espazo de planta case cadrada (10,50 m por 11,50 m), a ceo aberto, que rodea unha ara situada no centro. As paredes, tanto a exterior como a interior, teñen relevos nos que se realiza unha auténtica glorificación da familia de Augusto e da sociedade romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Código de Xustiniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos da familia das rosáceas ao que pertencen os estripeiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo que resulta de cortar os oito ángulos sólidos dun cubo, de maneira que resulta un poliedro con oito caras que son triángulos equiláteros e seis caras cadradas.
-
-
Relación ou serie de datos persoais, académicos, profesionais e méritos dunha persoa.
-
Escrito ou documento no que se fai constancia dos datos persoais, académicos, profesionais e méritos dunha persoa.
-
-
PERSOEIRO
Poetisa. Entre 1922 e 1939 emigrou a Praga, Berlín e París, por mor da Revolución e da Guerra Civil do seu país. Na súa poesía, clasificada como simbolista, detéctanse influencias da poesía popular e de movementos máis modernos. Publicou, entre outras obras, Večernij al’bom (Álbum de solpor, 1911) e Car-devitsa (A raíña virxe, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma xeométrica de 16 caras que resulta de unir polas bases dúas pirámides octogonais. Denomínase tamén bipirámide ditetragonal. Algúns minerais cristalizan deste xeito.
-
PERSOEIRO
Comerciante e fotógrafo alemán. Comezou a súa andaina no campo da fotografía como afeccionado. As súas primeiras imaxes, tomadas en Berlín, foron publicadas no Weltspiegel. Comezou como reporteiro gráfico en 1927 e realizou diversos traballos sobre Thomas Mann e a concesión do Premio Nobel. Destacan tamén os seus retratos do ser humano, en especial as imaxes de Marlene Dietrich e George Bernard Shaw. En 1936 trasladouse aos EE UU, onde traballou nas revistas Life Harper’s Bazaar e Vogue. Cubriu a invasión de Abisinia por parte do exército italiano con máis de 3.500 negativos e alí conseguiu a súa famosa imaxe dos Pés de soldado etíope. Publicou The Eye of Eisenstaedt (O ollo de Eisenstaedt, 1969), Witness to nature (O testemuño para a natureza, 1971), Panoptikum (1973) e Eisenstaedt’s Album (O álbum de Eisenstaedt, 1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao heptaedro.
-
Que ten a forma dun heptaedro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliedro de sete caras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalográfico constituído por 48 caras triangulares iguais, cada unha delas corta os tres eixes cristalográficos a distancias diferentes. É a forma holoédrica xeral do sistema regular. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do ciclo menstrual que se produce cando non hai fecundación e que se corresponde coa fase involutiva do corpo lúteo.
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Traballou para Margarida de Austria (1480-1530) e acompañouna durante as súas viaxes, facendo retratos dos seus cortesáns, nos que incluía elementos simbólicos e arquitecturas renacentistas. Tamén cultivou a pintura relixiosa. Da súa obre destaca Paisaxe das Indias Occidentais (1525-1530).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘notas de dereito’. Designa as abreviaturas empregadas nos manuscritos antigos de obras xurídicas, especialmente referidas aos termos técnicos. Coñecidas xa a partir do s III, nalgunhas ocasións prohibíronse para evitar as ambigüidades e fraudes.
-
-
Relativo ou pertencente ao octaedro.
-
Que ten a forma dun octaedro.
-
Que cristaliza formando octaedros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siderito de ferro que contén un 12% de níquel. Está constituído por láminas de camacita envoltas por taenita, todo rodeando dominios de plessita.
-
-
-
Poliedro de oito caras.
-
octaedro regular
Poliedro regular en que as oito caras son triángulos equiláteros. Pódese imaxinar formado por dúas pirámides cuadrangulares unidas pola base e coas caras con forma de triángulos equiláteros.
-
octaedro truncado
Poliedro que resulta de truncar un octaedro regular en cada un dos seus vértices.
-
-
Poliedro de oito caras, xerado pola cara fundamental do sistema regular ou cúbico, que é perpendicular ao eixe ternario. Ten os tres parámetros iguais, cousa que determina a relación paramétrica a:b:c = 1:1:1.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pentaedro.
-
Que ten forma de pentaedro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliedro de cinco caras.