"Talleyrand" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia feudal occitana da casa condal de Perigord, iniciada por Elies de Perigord coñecido como Taleran (morto en 1205), fillo do conde Elias V. O seu fillo Boson de Taleran recibiu do seu tío, o conde Arquimbaldo II de Perigord, o señorío de Grinhòls e foi pai de Elias Taleran (morto en 1322), que adquiriu por matrimonio en 1270 o señorío de Chalais. Os seus descendentes empregaron desde o s XVI o título de príncipe de Chalais (que desde 1714 tivo anexada a grandeza de España). En 1613 Daniel Taleran foi nomeado conde de Grinhòls e obtivo por matrimonio o marquesado de Eissidelh. Este patrimonio dividiuno entre os seus fillos: Charles de Taleran foi o príncipe de Chalais, marqués de Eissidelh e vizconde de Fronsac e formou unha liña, que en 1743, ao recaer nunha muller, se uniu á formada polo outro fillo, Andrieu de Taleran , que herdou o condado de Grinhòls. Deste foi...
-
PERSOEIRO
Político e diplomático, príncipe de Benevento e duque de Talleyrand. Foi bispo de Autum en 1788 e deputado aos Estados Xerais un ano máis tarde. Entre 1797 e 1799, foi ministro de Asuntos Exteriores e participou no golpe de estado do 18 brumario. Colaborou inicialmente con Napoleón pero, en 1814, caído este, foi nomeado xefe do goberno provisional que instaurou Luís XVIII. Despois dos Cen Días foi presidente do consello de ministros, pero perdeu as eleccións e tivo que dimitir.
VER O DETALLE DO TERMO