Chlorobium
Chlorobium
[MONERA]
Xénero de bacterias verdes e acuáticas da orde pseudomonadais. Son anaerobias, Gram-negativas e propias de augas ricas en xofre, que empregan como doador de electróns na fotosíntese. Teñen forma de bastón recto ou curvado e presentan bacterioclorofila en vesículas próximas á membrana plasmática.