"Tarento" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Príncipe anxevino de Tarento (1294-1332?) e de Acaia (Filipe II; 1307-1313) e duque de Durazzo (1315-1352), fillo de Carlos II de Nápoles. Casou en 1313 con Catarina de Courtenay, polo que adquiriu o título de emperador titular de Constantinopla (1313-1332).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe III de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Epigramista grego. Emigrado de Italia, errou polo Oriente helenizado e Exipto. Consérvanse un cento de epigramas votivos ou sepulcrais da súa autoría na Antologia Palatina, que reflicten unha experincia humana da miseria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margarida I de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Puglia, Italia, situada no ángulo setentrional do golfo de Tarento (201.349 h [2001]). Colonia da Magna Grecia fundada polos espartanos no s VIII a C, foi conquistada por Roma en 272 a C. Conquistada polos godos en 549, pasou, sucesivamente, ás mans dos longobardos, do Imperio Bizantino e dos árabes, e foi liberada por Nicéforo II Focas. Capturada por Robert d’Hauteville (1063), converteuse no centro do principado de Tarento, ata que en 1465 foi incorporada á Coroa de Aragón. Ao comezo do s XIX foi conquistada e novamente construída polos franceses. En 1860 integrouse definitivamente en Italia. Destacan a catedral, románica (s XII) e a fachada románico-gótica da igrexa de San Domenico Maggiore (s XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Puglia, Italia (2.437 km2; 574.766 h [2001]). A súa capital é Tarento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo das costas meridionais da Península Itálica, situado no Mar Xónico, entre o cabo Colonne (Calabria) e o de Santa Maria di Leuca (Puglia).

    VER O DETALLE DO TERMO