"Teatro Principal" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Ourense. Construído entre 1837 e 1839 por Santiago Sáenz Martínez, nun estilo entre o barroco e o romanticismo. Experimentou varias remodelacións e ampliacións, como a instalación dun cine en 1915. A piques de ser derrubado en 1975, unha campaña de sensibilización logrou que se restaurase e reabrise na década de 1990. A fachada principal organízase con tres corpos: baixo, principal con dous pisos e superior, rematados por unha cornixa; e caracterízase pola sobriedade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Santiago de Compostela. Construído entre 1840 e 1841, destaca a fachada de cantaría, en estilo neoclasicista tardío. Conta cun baixo de soportal, aberto con cinco vans: tres arquitrabados e dous rematados en arco de medio punto rebaixados, sobre os que se alzan dúas alturas, case ausentes de decoración ao exterior. O piso principal, de maior altura, organízase en cinco vans arquitrabados e o superior, amodo de ático, conta con cinco ventás cadradas, separadas por resaltes circulares de pedra. Sufriu varias reformas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Tui. Construído entre 1842 e 1844, destacou pola peculiaridade da súa planta elíptica. Ao exterior presenta un aspecto macizo. A fachada principal organízase en tres pisos separados por impostas e en que se abren vans. Tiña tres portas de acceso. En 1891 acolleu a celebración dos primeiros Xogos Florais integramente en galego. Pechado desde 1972, en 2000 recibiu a denominación de Fundación de Interese Galego e constituíuse a Fundación Teatro Principal de Tui, para intentar adquirir o inmoble e recuperar a súa actividade cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Pontevedra. Foi construído por encargo da xunta do Liceo Casino de Pontevedra cara a 1864 segundo un proxecto de Filipe Bouza Tredis. Adquirido por Manuel Becerra Armesto en 1880, cambiou o seu nome polo actual. En 1897 realizouse nel a primeira exhibición de cine da cidade. Foi reconstruído tras o incendio de 1980.