Teatro Principal

Teatro Principal

Edificio situado en Ourense. Construído entre 1837 e 1839 por Santiago Sáenz Martínez, nun estilo entre o barroco e o romanticismo. Experimentou varias remodelacións e ampliacións, como a instalación dun cine en 1915. A piques de ser derrubado en 1975, unha campaña de sensibilización logrou que se restaurase e reabrise na década de 1990. A fachada principal organízase con tres corpos: baixo, principal con dous pisos e superior, rematados por unha cornixa; e caracterízase pola sobriedade.