"Teis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 27.

  • Figura que establece unha oposición entre unha realidade que se nega e a idea que se quere afirmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste en dirixir unha loanza baixo a forma dun vituperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina ou actitude que nega a existencia de Deus. Cómpre distinguir Ateísmo propiamente dito, que afirma a non existencia de Deus, do Indiferentismo, Agnosticismo ou Escepticismo. Hegel, coa súa reacción contra a transcendencia, establece as bases do moderno ateísmo occidental que, de feito, principia con Feuerbach (para quen Deus non é senón o conxunto de obxectivacións e proxeccións de propiedades humanas nun alén da existencia concreta do home) e Nietzsche (que mantén que Deus é un espellismo do home). O triunfo do pensamento científico, que contén o xermolo dunha perspectiva materialista e monista, e das novas concepcións políticas foron fundamentais para a configuración do ateísmo moderno. En Marx a crítica da relixión ten un carácter secundario: o home refúxiase na relixión porque non é feliz na súa vida real, afastándoo as crenzas relixiosas da loita pola felicidade. Lenin, seguindo a Marx, cualificou a relixión como “o opio do pobo”. A psicoloxía freudiana...

    2. Movemento teolóxico dos países anglosaxóns, tamén chamado teoloxía radical ou da morte de Deus. Baséase no positivismo lóxico de Wittgenstein (unha proposición só di o que é verificable) e na teoloxía dialéctica protestante (a relixiosidade natural non ten valor ningún; só o ten a revelación cristiá). Afirma que o Cristianismo pode influír no mundo actual comprometéndose na loita pola liberdade do home. Foi unha das bases dos movementos contestatarios católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Ateísmo.

    2. Partidario do Ateísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Ateísmo, que implica Ateísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa de Asia Menor. Unha lenda conta que froito da súa relación co río Meles, preto de Esmirna, enxendrou o poeta Homero, para xustificar o epíteto aplicado ao poeta Melesíxenes ‘nado no Meles’. Outra versión di que o seu pai, Apeles, ao morrer deulla a seu irmán Meón para que se ocupase dela, pero Criteis non tardou en marchar cun mozo de Esmirna, Femio, e tivo a Homero no río. Outra lenda di que foi unha rapaza de Io, amante dun xenio do cortexo das musas que, secuestrada por uns piratas, foi conducida a Esmirna onde casou co rei de Lidia, Meón; tivo a Homero á beira do Meles e morreu no parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade constituída na xuntanza convocada pola Sociedade de Agricultores de Teis e celebrada en Vigo o 15 de decembro de 1907, coa finalidade de coordinar a loita pola redención foral. Na xuntanza participaron as asociacións agrarias e obreiras do Partido Xudicial de Vigo e adheríronse máis de corenta sociedades do resto da provincia. Iniciaron a campaña antiforal co mitin celebrado en Vigo o 26 de xaneiro de 1908. Entre os seus obxectivos cómpre salientar: a redención forzosa, a simplificación dos trámites legais, o establecemento por parte do goberno de bancos agrícolas que financiasen as redencións e a continuación da campaña a través de mitins nas capitais provinciais. Entre os seus oradores destacaron Xacinto Crespo, Carmen Álvarez e os seus teóricos Prudencio Landín e Emilio Rodal. Este último realizou unha viaxe a Cuba en setembro de 1909 na procura de apoios entre os emigrantes galegos, da que resultou a creación do Comité Antiforal de La Habana. En 1910 estivo presente nas reunións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de filisteo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudiante universitario que vestía sotana e manteo para diferenciarse dos bolseiros dos colexios maiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de relixión que afirma que soamente hai un Deus. A variante máis estrita, na afirmación dun único Deus, nega explicitamente todos os outros deuses. Tal é o caso do xudaísmo, o zoroastrismo ou mazdeísmo, o cristianismo e o Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao monoteísmo.

    2. Partidario do monoteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que afirma que Deus é todo en todas as cousas. O termo foi creado por K. C. F. Krause e a doutrina está máis preto do teísmo ca do panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao panenteísmo.

    2. Seguidor do panenteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que Deus e o universo son unha mesma realidade e os seus seres non teñen unha diferenza fundamental. Deixando de lado o coñecido como panteísmo antigo (presocráticos ou neoplatonistas, entre outros), o panteísmo estrito, posterior á aparición do termo no s XVIII e que é unha modalidade do monismo, pode ser de dous tipos: un que concibe a Deus como a única realidade verdadeira e en que o mundo queda reducido a unha simple manifestación, emanación ou desenvolvemento de Deus (panteísmo acosmista); e outro que, en cambio, establece que o mundo (a natureza) é a única realidade verdadeira, a unidade, o principio orgánico, o sentido último, cunha autoconsciencia que corresponde ao que se podería chamar Deus, aínda que de xeito impropio (panteísmo ateo). A cualificación panteística dunha doutrina filosófica ou doutra, como é o caso do averroísmo, resulta sumamente problemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao panteísmo.

    2. Seguidor do panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de relixión que recoñece diversas divindades, máis ou menos independentes, das que a miúdo só se venera unha. O panteón politeísta estrutúrase de xeito xerárquico e cada deus desempeña funcións diferentes. É controvertido saber en que forma relixiosa se orixinou e a súa relación co monoteísmo. Segundo Usener, os grandes deuses persoais deriváronse do polidemonismo; para Wilhelm Wundt, os mitos de deuses persoais presupoñen sempre a fe nos demos e as lendas de heroes fundadores. En contraposición está Wilhem Schmidt, que afirma que ao comezo está o monoteísmo e a revelación orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao politeísmo.

    2. Seguidor do politeísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que afirma a existencia de Deus e a súa acción no mundo. Oposto ao ateísmo, tamén se diferenza do deísmo e do panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO