"Tejo" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
REXIÓNS
Rexión do sur de Portugal situada entre o Texo e a serra do Algarve (426.418 km2). Dividida en Alto Alentejo (actualmente distritos de Portalegre e de Évora) e Baixo Alentejo (actualmente distrito de Beja e un terzo do de Setúbal), constitúe un peniplano cunha altura media de 200-300 m; destacan a serra de São Mamede (1.025 m) e a serra de Ossa (698 m). Os ríos agrúpanse en catro concas: a do Texo, a do Sorraia, a do Sado e a do Mira. O clima é continental e a vexetación típica está formada por aciñeiras e sobreiras. Cunha baixa densidade de poboación, predomina a propiedade latifundista dedicada ao cultivo intensivo de cereais, e á gandería porcina ovina e caprina. O Alentejo tivo un poboamento prehistórico moi importante nos comezos da Idade dos Metais, cunha das maiores concentracións de monumentos megalíticos máis grandes de todo o Occidente. Foi habitado despois polos lusitanos e na época romana foi comprendido dentro da provincia de Lusitania. As dúas cidades máis importantes...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado no seu límite sudoriental, na fronteira con La Rioja e drenado polo río Ebro (3.173 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura e a industria conserveira e madeireira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dirixente deportivo. Licenciado en Dereito, desempeñou diversos cargos no ámbito deportivo: Secretario General de Deportes, Director General de Deportes e Presidente do Comité Olímpico Español. Entre outras distincións recibiu a Medalla al Mérito Deportivo do Consejo Superior de Deportes, a Orde do Mérito Olímpico, outorgada polo Comité Olímpico Internacional, e o Premio Piet Tays do Consello de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante arxentino. Coñecido como Quino, fíxose popular pola serie Mafalda, iniciada en 1962, onde viu o mundo dos grandes a través dos pequenos. Cultivou tamén o cartelismo e recolleu a súa obra en volumes, como Mundo Quino (1963), Déjenme inventar (1983) e Quánta bondad (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situada na costa N da illa de Tenerife (7.053 h [2001]). É un centro agrícola con cultivos de vide, plátanos, tomates e con algunhas industrias vinícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Moravia Meridional, República Checa, situada ao NL de Brno (50.102 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión natural de Portugal situada no centro do país e atravesada polo río Tejo, que abrangue case todo o distrito de Santarém.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome portugués do río Tajo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na vertente N do Teide, no val de La Orotava (7.920 h [2001]). Destaca a agricultura de plátanos e da cana de azucre.
VER O DETALLE DO TERMO