"Telmo" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre establecida en Nápoles no s XIII, que posiblemente descende dos reis de Escocia; desde 1863 puideron apelidarse Cantelmo-Stuart. Desta rama saíron dúas liñas: a dos duques de Sora e Alvito, extinguida no s XVI, fiel aos anxevinos, e a dos duques de Pópoli, príncipes de Pettorano, aliados dos cataláns; nesta última rama destacou Rostaino Cantelmo-Stuart.
-
PERSOEIRO
Xeneral, duque de Pópoli. Serviu no exército de Filipe IV de Castela en Flandres, onde era gobernador. Posteriormente exerceu como lugartenente xeneral de Catalunya (1644-1645), cando esta se levantou contra o monarca. Foi derrotado polas forzas francesas do conde de Harcourt en 1645 e destituído.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral, sexto duque de Pópoli e príncipe de Pettorano. Era neto de Andrea Cantelmo e irmán do cardeal Giacomo Cantelmo (1640-1702), arcebispo de Nápoles. Loitou en Mesina durante a insurrección de 1674 e en Flandres. Cando estalou a Guerra de Sucesión (1702), recoñeceu a Filipe V de Castela. Foi xeneral en xefe das forzas filipistas que asediaron Barcelona en 1713 e ordenou o bombardeo a grande escala da cidade (do 22 de maio ao 6 de xullo de 1713). Instalouse en Madrid, onde exerceu cargos na corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Regato da Peneda, en Ribadelouro (Tui). Trátase dunha ponte de orixe medieval que só ten un van. Pertenceu ao antigo camiño de Tui a Porriño. Está ligada á historia de San Telmo.
-
GALICIA
Pintor. A súa mocidade, marcada pola posguerra, discorreu no barrio obreiro de Teis. En 1958 emigrou a París e despois a Suíza e, tralo seu regreso a Vigo, celebrou a súa primeira exposición (1963) no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. O seu interese pola arte, que o fascinou polo seu carácter liberador e desalienante, foi determinante desde entón. Autodidacta, partiu dun primeiro período de autodescubrimento, en que tratou as paisaxes, os bodegóns e a vida campesiña, pero sen deixar de indagar na obra doutros artistas nacionais e internacionais. Defendeu a democratización ou socialización da arte, teoría que materializou ao promocionar a celebración, en 1968, da primeira exposición de arte ao aire libre en Vigo; pero foi o seu compromiso social, que ofrecía unha alternativa artística á ditadura, o que o engrandeceu como artista. Asociouse a grupos antifranquistas (Asociación Cultural de Vigo) e ás propostas de popularización da arte da Estampa Popular Galega. Presentou uns cadros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Mondoñedo (1853-1855) e Tui (1855). Doutor en Teoloxía, foi cóengo maxistral da catedral de Santa María de Tui. Recibiu moitos ataques debido ás súas ideas políticas. Emprendeu a reforma administrativa da diocese de Mondoñedo e fundou o Boletín Eclesiástico (1859), primeira publicación periódica de Tui. Foi cabaleiro da Real Orden de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
fogo de san Telmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do nome grego Érasmos ‘amado, desexado’, que cambiou o seu acento orixinal para converterse en Erasmo. A forma orixinal conservouse en Italia, onde se transformou en Éramo/Ermo/Elmo e despois Sant Elmo segmentouse erroneamente en San Telmo.
-
PERSOEIRO
Relixioso. De nome Pedro González Telmo, foi ordenado sacerdote en Palencia e, na toma de posesión como deán, un abalo tirouno ao chan, feito que interpretou como un sinal divino que lle chamaba á humildade e renunciou ao cargo. Evanxelizou o norte de Portugal e Galicia e instalouse en Tui. Foi capelán dos exércitos de Fernando III na conquista de Córdoba e Sevilla. Atribúeselle a organización dos gremios de pescadores en Galicia e a construción de diversas pontes. Represéntase vestido co hábito negro ou branco e cunha pequena nave, chama ou vela encendida como atributo persoal. A súa festividade celébrase o luns seguinte ao de Pascua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Antioquía. De nome Erasmo, sufriu o martirio en dúas ocasións, con Diocleciano e Marximiniano, e nas dúas librouno Deus ao envíar anxos que o arredaron dos tormentos que lle provocaba o lume. Represéntase vestido de bispo, co cabrestro da proa dun barco ou adival enrolado nel, e unha maqueta de barco nas mans, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 20 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Tui. Comezou a súa construción en 1769 no lugar que ocupara o cuarto onde morreu san Telmo. Está realizada en estilo barroco portugués e ten planta circular cunha cúpula lobulada. Na fachada destaca unha gran ventá no centro sobre a que se sitúa unha fornela na que está a imaxe do patrón.
VER O DETALLE DO TERMO