"Temis" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa grega da natureza e da caza. Irmá xemelga de Apolo, filla de Zeus e Latona, identificada coa deusa da Lúa, Hécate. Deusa da castidade, de carácter cruel e vingativo, atribuíanselle as mortes repentinas. A iconografía clásica preséntaa con túnica longa e cabeleira solta (Ártemis de Delos, Museo Nacional de Atenas); o modelo clásico establecido a partir do s IV a C, represéntaa con arco e frechas, túnica curta e formando grupo cun cervo ou uns cans, de tipo praxiteliano (Ártemis de Versalles, chamada tamén Diana cazadora, Musée du Louvre, París). En Éfeso, como deusa da fecundidade, aparece con diadema e abundantes peitos. Posteriormente, identificouse coa Diana romana, confundíndose as respectivas iconografías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne do xénero Artemisia, da familia das asteráceas, de follas alternas pinnatífidas ou pinnatisectas e capítulos florais amarelos en inflorescencias paniculadas ou en acios. En Galicia pódense atopar tres especies: A. campestris, en ribeiras pedregosas e baldíos; A. verlotiorum, en beiras de camiños e lugares despexados, e A. vulgaris, en terreos incultos e lugares pedregosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Ártemis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas ao que pertencen as artemisas e o asente.
-
PERSOEIRO
Raíña de Halicarnaso, irmá e esposa de Mausolo, ao que lle dedicou o monumento coñecido como Mausoleo de Halicarnaso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio amargo presente nalgunhas artemisas e no asente, que se emprega como aperitivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo de Ártemis en Éfeso, Xonia, edificado a principios do s VI a C. Tipoloxicamente é de orde Xónica, díptero, con nove columnas por fachada e vinte e unha laterais. Exemplo de orde Xónica antiga, con base xónica, friso esculpido ao pé de cada columna, estrías en arista viva, ao modo Dórico. Heróstrato incendiouno coa intención de cubrir de gloria o seu nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate naval entre gregos e cartaxineses escasamente documentado. Se ben moitos manteñen que aconteceu ante o cabo de Artemisión, hoxe en día cabo da Nao (provincia de Alacant), entre 493-490 a C, a maioría dos historiadores defenden a opinión de que tivo lugar no Mediterráneo oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate naval entre gregos e persas (480 a C) ante o cabo Artemisión, ao NO de Eubea. Desenvolveuse a loita naval mentres en terra firme tiña lugar a Batalla das Termópilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filla do cretense Carmanor. Está considerada como a fundadora dos concursos musicais e como nai do músico Filemón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa grega, filla de Urano e Gea, da etnia dos titáns. Como deusa das leis eternas, figura entre as esposas divinas de Zeus e unha tradición faina nai de Prometeo. É a personificación da xustiza e da lei.
-
PERSOEIRO
Médico. Discípulo de Asclepíades de Prusa, residiu en Roma en tempos de Augusto. Fundou a escola metódica, oposta á empírica, que propoñía a investigación das causas da enfermidade no mesmo organismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Orador e esexeta de Aristóteles. Dos seus comentarios a Aristóteles consérvanse as Segundas Analíticas, a Física, a Do ceo e o doceavo libro da Metafísica. Coñécese polas súas trinta e catro oracións (λ ὁ ψοι πολιτικο ἱ ).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. De familia modesta e de tendencias radicais, converteuse en xeneral aos 33 anos. Foi o inspirador de importantes reformas constitucionais, como a ampliación de funcións dos estrategas. A prolongación da guerra con Exina deulle motivo para crear unha poderosa frota coa que venceu aos persas na Batalla de Salamina. Tras a vitoria continuou a súa tarefa de consolidación da política naval de Atenas, pero non foi reelixido estratega. En 471 a C foi condenado ao ostracismo e cando, exiliado, xa estaba en Argos, novas acusacións de ter conspirado a favor dos persas levaron aos atenienses a condenalo a morte en rebelión. O emperador persa Artaxerxes I acolleuno en Susa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de normas sociais, obrigas, prohibicións, crenzas ou usos difundidos nas civilizacións chamadas primitivas, sobre todo en culturas baseadas na caza e na agricultura. Fundaméntanse na concepción dunha relación especial de parentesco ou de concordancia mítica e, polo tanto, de mutua protección entre un grupo sociocultural e o tótem (totemismo colectivo), parentesco establecido por descendencia directa ou por parentesco lateral ou paralelo; ou un individuo e o tótem (parentesco individual), que ten a súa máxima expresión no xamanismo. Considerado antepasado mítico e a muído divinizado, o tótem ten a función de estruturar a vida social e é fonte de obrigas e prohibicións. Entre outras cousas, establece a endogamia e múltiples tabús, principalmente alimentarios e rituais. Está considerado por moitos etnólogos e sociólogos do s XIX como unha institución autónoma e como a máis primitiva e xeneralizada forma de relixión entre as sociedades primitivas. A etnoloxía actual valora case exclusivamente...