totemismo

totemismo

(< tótem)

s m [ETN/RELIX]

Conxunto de normas sociais, obrigas, prohibicións, crenzas ou usos difundidos nas civilizacións chamadas primitivas, sobre todo en culturas baseadas na caza e na agricultura. Fundaméntanse na concepción dunha relación especial de parentesco ou de concordancia mítica e, polo tanto, de mutua protección entre un grupo sociocultural e o tótem (totemismo colectivo), parentesco establecido por descendencia directa ou por parentesco lateral ou paralelo; ou un individuo e o tótem (parentesco individual), que ten a súa máxima expresión no xamanismo. Considerado antepasado mítico e a muído divinizado, o tótem ten a función de estruturar a vida social e é fonte de obrigas e prohibicións. Entre outras cousas, establece a endogamia e múltiples tabús, principalmente alimentarios e rituais. Está considerado por moitos etnólogos e sociólogos do s XIX como unha institución autónoma e como a máis primitiva e xeneralizada forma de relixión entre as sociedades primitivas. A etnoloxía actual valora case exclusivamente o totemismo colectivo.

Palabras veciñas

Totana | tótem | totémico -ca | totemismo | Tóth, Árpád | Tótila | totipotente