"Tete" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prematuramente realizado ou sucedido, aínda que non chegase o momento propicio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de materiais que preceden o texto que o autor considera definitivo, e que permiten o estudo da súa xénese mediante a análise dos sucesivos cambios que sofre a obra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar xunto ao monte Taixeto onde os espartanos da Antigüidade adoitaban abandonar os nenos doentes ou con malformacións.
-
PERSOEIRO
Xesuíta, profesor de Humanidades e Filosofía Moral. É autor de obras de marcado carácter teolóxico como Institución y guía de la juventud (1593), Del estado religioso (1593), Del estado de las viudas y doncellas (1597) ou Del gobierno de la familia (1598). A súa obra máis célebre, Doctrina cristiana, imprimiuse por primeira vez en 1597, acadando máis de 600 edicións (con pequenas variantes no título e no contido) e traducións no transcurso do tempo; en Galicia apareceron varias edicións deste Catecismo en diferentes vilas (Viveiro, Ourense ou Santiago de Compostela). O Astete foi utilizado como cartilla para a aprendizaxe da doutrina cristiá e tamén como libro de lectura nas escolas, aínda que esta non era a súa finalidade. A vixencia desta obra mantense tal e como evidencian as edicións dos últimos anos e o libro titulado Tesoro del catequista: el “Astete” explicado, puesto al día y en todo confirmado (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento cirúrxico que se emprega para explorar, abrir, inxectar ou evacuar un conduto, un vaso sanguíneo ou un órgano baleiro. Está formado por un tubo longo e delgado, flexible ou ríxido, de metal, vidro, goma ou plástico.
-
-
Conxunto de manobras realizadas cun catéter, con finalidade diagnóstica ou terapéutica.
-
Introdución dun catéter ata as cavidades cardíacas. O catéter que se emprega habitualmente é de polietileno e radiopac. Introdúcese, baixo control radiolóxico, por unha vea do brazo ou da coxa para chegar ata a aurícula dereita, ao ventrículo dereito e á arteria pulmonar; se se introduce o catéter por unha arteria periférica chega, a contracorrente do fluxo sanguíneo, ao ventrículo e á aurícula esquerdos, e tamén ás arterias coronarias.
-
Introdución dun catéter nun uréter ou nos dous. Ten finalidades diagnósticas ou terapéuticas.
-
Introdución dun catéter na vexiga dos ouriños a través da uretra. Os seus obxectivos principais son baleirar a vexiga en casos de retención e de incontinencia urinaria, obter mostras de ouriños para análises clínicas e practicar estudios sobre a vexiga en determinadas enfermidades. OBS: Tamén recibe o nome de sondaxe vesical.
-
-
PERSOEIRO
Lingüista e lexicógrafo francés. Profesor na Université de la Sorbonne, escribiu La vie des mots étudiée dans leur signification (A vida das palabras estudada no seu significado, 1887) e Ditionnaire général de la langue française depuis le commencement du XVII siècle jusqu’à nos jours (Dicionario xeral da lingua francesa desde o comezo do s XVII ata os nosos días, 1890-1900), realizado en colaboración con Adolphe Hatzfeld. Tamén definiu a lei fonética denominada vocal contrafinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe tesalio, da península de Magnesia, fillo de Peante e Demonasa (ou Metone). Desde a epopea homérica é o depositario do arco e frechas do seu compañeiro Heracles. Foi pretendente de Helena e participou na expedición contra Troia á fronte de nove naves e cincuenta arqueiros. Con todo, nunca chegaría ao seu destino xa que en Ténedos (ou Crisa) foi trabado no pé por unha serpe, castigo que recibiu, segundo a tradición, por ter rebelado o lugar en que morrera Heracles; a ferida infectóuselle rapidamente e, como consecuencia, foi abandonado na illa deshabitada de Lemnos, onde sobreviviría alimentándose das aves que mataba coas frechas de Heracles. Logo de dez anos aínda non se apoderaran de Troia. Héleno, capturado polos gregos, rebelou que Troia só podía ser tomada coas frechas de Heracles; así que Ulises, que fora o principal instigador do abandono de Filoctetes, marchou desta vez á illa co propósito de convencelo para que regresase a Troia. Ao chegar á súa patria foi curado por Podalirio...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vicenç Montoliu i Massana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición vogal de carácter case sempre relixioso, sobre texto latino, con acompañamento de instrumentos ou sen el, que adquiriu unha grande importancia nos ss XV e XVI. Moitos dos autores do barroco utilizaron este elemento, especialmente en Francia e en Alemaña. No s XIX adoptou a forma dunha ampla composición musical de carácter relixioso en que unha masa coral é acompañada por órgano e orquestra.
-
CAPITAIS
Capital e porto da provincia homónima de Moçambique, situada na ribeira dereita do Zambeze (101.984 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Moçambique (100.724 km2; 1.144.604 h [1987]). A súa capital é Tete.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente con asa e bico onde se prepara e serve a infusión de té.
-
VER O DETALLE DO TERMO
suxeitador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado fosforilado do ácido pantoténico que está presente como grupo prostético na proteína portadora de grupos acilo (ACP). É un intermediario na biosíntese do coenzima A.