Astete, Gaspar

Astete, Gaspar

Xesuíta, profesor de Humanidades e Filosofía Moral. É autor de obras de marcado carácter teolóxico como Institución y guía de la juventud (1593), Del estado religioso (1593), Del estado de las viudas y doncellas (1597) ou Del gobierno de la familia (1598). A súa obra máis célebre, Doctrina cristiana, imprimiuse por primeira vez en 1597, acadando máis de 600 edicións (con pequenas variantes no título e no contido) e traducións no transcurso do tempo; en Galicia apareceron varias edicións deste Catecismo en diferentes vilas (Viveiro, Ourense ou Santiago de Compostela). O Astete foi utilizado como cartilla para a aprendizaxe da doutrina cristiá e tamén como libro de lectura nas escolas, aínda que esta non era a súa finalidade. A vixencia desta obra mantense tal e como evidencian as edicións dos últimos anos e o libro titulado Tesoro del catequista: el “Astete” explicado, puesto al día y en todo confirmado (1997).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Salamanca

  • Deceso

    Lugar : Burgos