"Tetis" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Calidade de patético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto doutrinal bastante heteroxéneo propio da escola do Liceo, que fundou Aristóteles e recibiu o nome de ðåñίðáôïò (paseo) polo feito de que moitas leccións dábanse paseando ou quizais, simplemente, nunha galería. A tónica dominante dos primeiros peripatéticos foi o desenvolvemento do empirismo aristotélico e a investigación científico-positiva. Destacaron Teofrasto, Aristoxeno, Dicearco de Messina, Demetrio de Faleron e Estratón o Físico. A escola sufriu posteriormente unha profunda decadencia, que superou no s I con Andrónico de Rodas, que abriu un último período moi rico en comentaristas do corpus aristotélico, como Alexandre de Afrodisia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fusión de diferentes partes nunha.

    2. lingua polisintética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente artística postimpresionista, tamén coñecida como cloisonnisme, que procura a simplificación das formas e o decorativismo empregando grandes superficies planas de cor rodeadas por trazos negros. Orixinouse en 1888 en Bretaña, e aínda que E. Bernard foi o seu creador con Les Bretonnes aux ombrelles, quen destacou foi P. Gauguin con La vision après le sermón. Foron desta corrente os membros da escola de Pont-Aven e os do grupo nabí. Considerouse como a obra sintetista por excelencia Le talisman de P. Sérusier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa mariña, unha das cincuenta fillas de Nereo, esposa do mortal Peleo e nai de Aquiles. Deixou a seu fillo na illa de Skyros para que non tomase parte na Guerra de Troia e, máis tarde, protexeuno contra as iras de Agamemnon e proporcionoulle armas novas para vingar a morte de Patroclo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro satélite de Saturno, descuberto por G.D. Cassini o 21 de marzo de 1684. A súa distancia media ao centro de Saturno é de 294.660 km, ten unha órbita cunha excentricidade case nula e unha inclinación, respecto ao ecuador de Saturno de case 1°9’. O período de revolución sideral é de 1 día, 21h, 118’ e 26,1’’, e o movemento ten lugar en sentido directo. O seu diámetro é de 1.060 km, e a súa masa de 6,26x1023 g.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área de sedimentación mariña que se orixinou durante o Precámbrico ao fragmentarse a Panxea, e que se estendía desde Pireneos ata Indonesia, pasando por Asia central. O Mediterráneo é unha parte antiga do mar de Tetis. Deulle o nome o xeólogo austríaco Edward Suess.

    VER O DETALLE DO TERMO