Tetis

Tetis
[MIT]

Ninfa mariña, unha das cincuenta fillas de Nereo, esposa do mortal Peleo e nai de Aquiles. Deixou a seu fillo na illa de Skyros para que non tomase parte na Guerra de Troia e, máis tarde, protexeuno contra as iras de Agamemnon e proporcionoulle armas novas para vingar a morte de Patroclo.