"Tiberio" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • GALICIA

    Avogado, político e pintor. Foi catedrático de Anatomía Artística na Escola de Belas Artes de Barcelona. Publicou Anatomía y Fisiología para uso de los Artistas (1906-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo do Emperador Claudio e de Mesalina, e presunto herdeiro do Imperio. A segunda muller do emperador, Agripina, fíxoo desherdar en favor de Nerón, fillo do seu primeiro matrimonio. Posteriormente Británico foi envelenado, favorecendo a Nerón coa súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou no sitio de Cartago xunto a Escipión Emiliano (147 a C) e, posteriormente, foi cuestor no exército romano que sitiaba Numancia. Elixido tribuno da plebe (133 a C), presentou un proxecto de lei agraria para resolver o problema do latifundismo e mellorar as condicións de vida dos cidadáns romanos, para o que contou co apoio da plebe. Aprobada polos comicios, malia a oposición do Senado e da oligarquía, as dificultades económicas impediron a súa aplicación. Para solventalas, presentouse á reelección como tribuno, pero acusado de tentar converterse en ditador, foi asasinado no foro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (582-602). Combateu os persas en Constantina (581) e, grazas á súa vitoria, Tiberio II escolleuno como xenro e sucesor. Reorganizou a administración do imperio e creou os exarcados de Italia e África. Defendeu Italia contra os longobardos, os ávaros e os eslavos, pero foi derrocado e asasinado por unha sublevación militar, apoiada polo Senado, que nomeou emperador o centurión Focas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín Tiberius ‘procedente do Tíber’, derivado de Tiberis, nome romano do río Tíber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (572-582). Membro da dinastía de Xustiniano, foi adoptado como fillo por Xustino II, que o nomeou césar en 574. Consagrado emperador, ao tempo que consolidaba a situación interna do estado, derrotou os persas (578-581) e conseguiu ampliar as fronteiras do Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (698-705). Militar alleo á dinastía reinante, ocupou o trono durante o exilio de Xustiniano II. Loitou contra os árabes, que ameazaban as fronteiras do Imperio, e contra o propio Xustiniano II, que lle deu morte e que conseguiu recuperar o poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (14 a C-37 d C), fillo de Claudio Nerón e de Livia. Tribuno militar en Hispania (26 d C), cumpriu misións en Armenia, Galia, os Alpes, Panonia e Dalmacia. No 7 a C obtivo un segundo consulado e ao ano seguinte acadou a potestade tribunicia por cinco anos. Despois da morte de Augusto (14 d C), que o fixera casar (12 a C) coa súa filla Xulia, que o adoptara (4 d C) e que o obrigara a adoptar a Xulio César Xermánico, o Senado cedeulle todos os poderes. O imperio prosperou baixo a súa administración, asesorada por Salustio Crispo pero, coa morte do seu sobriño Xermánico, do seu fillo Druso, e co traspaso de Salustio (20 d C), o seu goberno sufriu un cambio radical, caracterizado polo terror. En 26 a C retirouse da vida política. Foi sucedido por Calígula.

    VER O DETALLE DO TERMO