Tiberio, Xulio César

Tiberio, Xulio César

Emperador romano (14 a C-37 d C), fillo de Claudio Nerón e de Livia. Tribuno militar en Hispania (26 d C), cumpriu misións en Armenia, Galia, os Alpes, Panonia e Dalmacia. No 7 a C obtivo un segundo consulado e ao ano seguinte acadou a potestade tribunicia por cinco anos. Despois da morte de Augusto (14 d C), que o fixera casar (12 a C) coa súa filla Xulia, que o adoptara (4 d C) e que o obrigara a adoptar a Xulio César Xermánico, o Senado cedeulle todos os poderes. O imperio prosperou baixo a súa administración, asesorada por Salustio Crispo pero, coa morte do seu sobriño Xermánico, do seu fillo Druso, e co traspaso de Salustio (20 d C), o seu goberno sufriu un cambio radical, caracterizado polo terror. En 26 a C retirouse da vida política. Foi sucedido por Calígula.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Roma

  • Deceso

    Lugar : Capri