"Timoteo" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Impresor. Entre 1854 e 1858 tivo en arrendamento os obradoiros tipográficos de Francisco Arza, fillo de Pascual Arza, na Coruña, mentres Arza establecía outros en Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo. Editou Proyecto de ley para arreglo del notariado (1855), de Fermoso. Castor Míguez mercou este obradoiro en 1859.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, participou na fundación do psiquiátrico de Conxo en Santiago, do que foi o primeiro director. Inventou diversos instrumentos cirúrxicos ou relacionados coa antisepsia. Publicou Memoria sobre las fuentes de conocimiento y método de enseñanza de anatomía patológica y patología general (1871) e Programa razonado de Anatomía Patológica y Patología General (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome grego que provén de Timótheos, composto por timao ‘honrar, respectar’ e theós ‘deus’, co significado de ‘que honra a Deus’, a través do latín Timotheus.
-
PERSOEIRO
Músico e poeta grego. Compuxo diversos nomoi, ditirambos, himnos e encomios. O seu nomós titulado Os persas, conservado nun papiro do s IV a C, canta a Batalla de Salamina cun estilo rico no apartado léxico e métrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Continuador da escola de Fidias, traballou en Roma, nas estatuas de Ártemis no Palatino no templo de Asclepio en Epidauro e no mausoleo de Halicarnaso. Destacou na representación de nereidas e de níkai (vitorias). Atribúeselle a escultura de Leda e o cisne, coñecida a través de copias, e unha Atenea coa éxida estrelada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xeneral, fillo de Conón. Estratega (378 a C), recuperou as illas do Mar Xónico (376-375 a C) pero, acusado en 373 a C polo seu fracaso no Mar Exeo, entrou ao servizo de Persia. Volveu a Atenas en 367 a C e combateu a hexemonía tebana. Non conseguiu reconquistar Anfípole nin o triunfo na Batalla de Embata (365 a C), motivo polo que se exiliou a Calcis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Discípulo e colaborador do apóstolo Paulo. Fillo de pai pagán e de nai xudeocristiá (Eunice), converteuno san Paulo. A tradición identificouno co xefe (bispo ou presbítero) da igrexa de Éfeso, destinatario de dúas epístolas neotestamentarias. Represéntase vestido de pontifical (bispo) ou con túnica e palio como os personaxes bíblicos; cun ídolo aos pés, en representación de Diana, un bastón nodoso na man, e pedras recollidas no manto; e leva, como atributos persoais, un rolo na man que alude á carta que lle mandou san Paulo. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO