Timoteo, san
Timoteo, san
Discípulo e colaborador do apóstolo Paulo. Fillo de pai pagán e de nai xudeocristiá (Eunice), converteuno san Paulo. A tradición identificouno co xefe (bispo ou presbítero) da igrexa de Éfeso, destinatario de dúas epístolas neotestamentarias. Represéntase vestido de pontifical (bispo) ou con túnica e palio como os personaxes bíblicos; cun ídolo aos pés, en representación de Diana, un bastón nodoso na man, e pedras recollidas no manto; e leva, como atributos persoais, un rolo na man que alude á carta que lle mandou san Paulo. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Listra, Licaonia