"Toén" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Enxerto feito con tecidos obtidos do mesmo individuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que estudia o campo magnético que crea o cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (11.092 km2 ; 81.074 [1998]). A súa capital é Stŏeng Trêng (3.431 h [1962]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Toén, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia de Ourense situado no O da provincia de Ourense, no S de Galicia. Limita ao N co concello de Ourense, ao S co de Cartelle, ao L co de Barbadás e ao O co de Castrelo de Miño. Abrangue unha superficie de 58,3 km 2 cunha poboación de 2.649 h (2007), distribuída nas parroquias de Alongos, Feá, Moreiras, Mugares, Puga, Toén, Trelle e Xestosa. A capital é o lugar de Toén, situado 42° 19’ 14’’ N e 7° 57’ 03’’ O, a 12 km da capital provincial. Está adscrito á diocese e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física
    Destacan dúas unidades ben diferenciadas: o val do Miño e os seus afluentes e a superficie de aplanamento que, cara ao S, se ergue a unha altitude superior aos 500 m. Trátase dunha morfoloxía contrastada froito da incisión da rede fluvial nas superficies de erosión. Os materiais que forman este espazo son sobre todo granitos e xistos moi duros, excepto a parte setentrional onde predominan as rochas sedimentarias. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de psiquiatría que apareceu en Ourense en decembro de 1979. Editada polo Sanatorio Psiquiátrico Cabaleiro Goás de Toén e dirixida polo doutor Gómez Reino, foi unha das primeiras publicacións desta especialidade editada en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO