"Tobago" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • ILLAS

    Illa do Océano Atlántico, situada nas Pequenas Antillas, 32 km ao NL de Trinidad, coa que forma o estado de Trinidad e Tobago (300 km2; 44.190 h [2000]). A súa capital é Scarborough (4.000 h [1990]). O clima é ecuatorial, con invernos sometidos á ameaza dos ciclóns. Destaca a produción de cacao, café, cana de azucre e tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular da América do Sur, nas pequenas Antillas (5.128 km2; 1.114.772 h [2000]). A capital é Port-of-Spain.
    Xeografía
    A república está constituída por Trinidad, a máis meridional das illas do Caribe, e por Tobago, que está a uns 32 km ao NL de Trinidad. Esta illa, situada na costa norte de Venezuela, representa o 94% da superficie total do país. A economía foi profundamente transformada nos últimos decenios, e pasou dunha estrutura agrícola a unha fase de expansión, por razón da explotación de ricos xacementos de petróleo (SO de Trinidad e golfo de Paria), gas natural e asfalto (Pitch Lake), elaborados integramente no país. Os cultivos principais son o da caña de azucre, o café, o cacao e os cítricos. A pesca, malia ser a pequena escala, é importante polo consumo interno. Hai refinarías de petróleo en Pointe-à-Pierre, Point Fortin e La Brea, cuxa capacidade obriga a buscar petróleo bruto en América do Sur e no Golfo Pérsico....

    VER O DETALLE DO TERMO