"Toribio" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo vasco. Actor, director e autor, participou no intento de consolidar un teatro moderno en lingua vasca, e deixou unha trintena de pezas entre orixinais de xénero humorístico, libretos de ópera, traducións e adaptacións. Son exemplos: Aterako gera (Partiremos, 1888), Bost Urtian (En cinco anos, 1922), Irritza (adaptación de Macbeth, 1924) e outras obras. Foi director da Academia de la Lengua y Declamación Vasca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do grego Thorybios ‘ruidoso’, derivado de thoribos ‘ruído, estrondo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Lima, reuniu numerosos sínodos para promover a vida relixiosa no vicerreinado e defendeu os dereitos da Igrexa. Iconograficamente represéntase con capa, mitra e palio (arcebispo) e cun indio aos pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Astorga, combateu a idolatría e o priscilianismo. A finais do s IX trasladouse ao mosteiro cántabro de San Martiño de Turieno, que modificou o seu nome polo de Toribio de Liébana. Iconograficamente represéntase con pontifical (por ser bispo) e cunhas ascuas acesas como atributo persoal, como recordo de que as levou no roquete sen se queimar para librarse dunha acusación de crime; nalgunhas estampas aparece pisando herexes e priscilianistas. A súa festividade celébrase o 16 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO